Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

14/09/2020

Aberto o prazo de inscrición para a primeira edición integramente dixital da Semana Europea das Rexións e Cidades 2020

5076F_1600074731_euregionsweek_2020_3weeks.jpg
  • O período de inscrición para asistir á #EURegionsWeek está aberto até o 27 de setembro de 2020 
  • Prevese participación galega en tres seminarios sobre innovación, educación superior e transformación do sector automobilístico
  • A Fundación Galicia Europa anima á sociedade galega a asistir a este gran foro de intercambio de experiencias rexionais e locais, que contará con máis de 500 sesións en liña.

 

Bruxelas, 8 de setembro de 2020. Un ano máis, volve a Semana Europea das Rexións e Cidades (#EURegionsWeek), o evento de referencia en política e iniciativas rexionais e urbanas que, este ano, debido á situación provocada pola Covid-19 será enteiramente virtual e ampliará a súa programación durante tres semanas.

 

Máis de 500 sesións virtuais comporán a Semana Europea das Rexións e Cidades, que este ano durará dúas semanas máis, do 5 ao 22 de outubro do 2020. Cada unha das semanas deste evento, organizado de forma conxunta polo Comité Europeo das Rexións e a Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea, estará dedicada a un tema en particular: empoderamento dos cidadáns, cohesión e cooperación rexional, e Europa verde. Responsables políticos, xestores,  investigadores, xornalistas e cidadáns en xeral están chamados a participar nestes seminarios nos que se abordarán retos comúns a todas as rexións e cidades europeas.

 

Varias sesións contarán con participación galega, como os dous seminarios organizados pola Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA) o 6 de outubro, destinados a fomentar o debate sobre como desbloquear o potencial da innovación rexional a través de redes multiactor (“Unlocking Europe´s rexional innovation potential through RRI and multi-actor innovation networks) e sobre como preparar ao sistema educativo para responder ás novas habilidades que require o mercado de traballo (“Future skills & job profiles: Galicia 2030”). Pola outra banda, o Grupo Interregional do Automóbil do Comité Europeo das Rexións, no que participa Galicia, organiza o día 14 un seminario sobre como apoiar a transformación verde e dixital do sector automobilístico, baixo o título “GREEN TRANSFORMATION SUMMIT: Automotive regions - crucial for success!”; e a Deputación de Lugo organiza o seminario "The European challenge of active ageing post-COVID-19"

Este ano, debido á Covid-19 todas as sesións serán retransmitidas online, fóra dalgunhas delas que se celebrarán en formato híbrido (físico e online) con aforamento limitado.

A inscrición a este evento é gratuíta e, para realizala, é necesario rexistrarse no servizo de autentificación ECAS da Comisión Europea. O prazo de inscrición finaliza o 27 de setembro de 2020.

TecEuropa #EURegionsWeek

O pasado ano a Fundación Galicia Europa celebrou, por primeira vez, unha edición do seu programa de especialización TecEuropa coincidindo coa Semana Europea de Rexións e Cidades. Desta forma, 20 xestores de fondos europeos de entidades galegas puideron asistir presencialmente a este evento co asesoramento da FGE. A situación provocada pola pandemia 19 impide a repetición desta edición especial pero a Fundación Galicia Europa continúa co seu compromiso de fomentar e ofrecer asesoramento para a participación galega na #EURegionsWeek.

 

Doutra banda, FGE prevé organizar en novembro unha edición clásica de TecEuropa integramente online que estará centrada no novo período financeiro 2021- 2027.

 

Máis información en:

Semana Europea de las Regiones y ciudades.

TecEuropa     


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante