Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

11/07/2019

A FGE acolle na súa oficina de Bruxelas unha charla informativa a estudantes do Grao de Relacións Internacionais e Comunicación Global da Universidade Pontificia Comillas

A directora da oficina da FGE en Bruxelas, Ana Ramos, presentando o rol do CdR aos alumnos da Universidade Pontificia Comillas.jpg Ver máis...
  • A conferencia, que empregou o formato de mesa redonda, contou coa intervención da directora da FGE, Ana Ramos, xunto aos directores das oficinas rexionais de Andalucía e Estremadura e un representante da Representación de España ante a Unión Europea.
Bruxelas, 11 de xullo de 2019. A oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas acolleu na xornada de hoxe unha charla informativa para un grupo de 50 alumnas e alumnos do dobre Grao de Relacións Internacionais e Comunicación Global da universidade  madrileña Pontificia Comillas. A conferencia, a modo de mesa redonda, contou coa participación da directora da FGE na capital europea, Ana Ramos, xunto á directora da oficina rexional de Andalucía, Catalina de Miguel, ao director da oficina rexional de Estremadura, César Morcillo, e o conselleiro de Asuntos Autonómicos da Representación de España ante a Unión Europea (REPER), Santiago Rodríguez Uriel.

O principal obxectivo da sesión informativa foi explicar a estes novos estudantes universitarios o papel das comunidades autónomas españolas perante as institucións da UE, a través da labor que realizan as delegacións autonómicas en Bruxelas, ademáis da súa participación en asuntos comunitarios.

Durante a súa intervención, a directora da FGE en Bruxelas, Ana Ramos, presentou detalladamente o rol e funcionamento do Comité Europeo das Rexións (CdR), institución europea onde está representada Galicia co resto de rexións e cidades españolas e europeas; xunto coas súas diferentes comisións de traballo. En concreto, Ana Ramos explicou a composición da delegación española no CdR, a súa actividade, ademais da participación das oficinas rexionais nos traballos consultivos do propio Comité e a presentación dos ditámenes do CdR liderados por Galicia ata a actualidade.

Ao final da charla informativa, tivo lugar unha intensa quenda de preguntas e respostas na que estes novos estudantes, nados entre o ano 97 e 98, puideron formular cuestións e consultar dúbidas aos catro relatores da conferencia. 

Imaxes relacionadas


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante