Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

08/07/2019

Galicia terá unha participación destacada na Semana Europea das Rexións e das Cidades que se celebrará a principios de outubro en Bruxelas

Cartel da vindeira Semana Europea das Rexións e das Cidades 2019. Fonte: EWRC.png
  • Hoxe ábrese o prazo de inscrición para os máis de 300 actos, obradoiros e charlas da vindeira Semana Europea das Rexións e das Cidades, o cal se manterá aberto ata finais do mes de setembro.
  • Galicia participará activamente en catro destes actos incluidos no programa oficial da EWRC 2019.
Bruxelas, 8 de xullo de 2019. Como cada ano desde 2003, o Comité Europeo das Rexións (CdR), en colaboración coa Dirección Xeral de Política Rexional da Comisión Europea (DG REGIO), organiza en Bruxelas a denominada ‘Semana Europea das Rexións e das Cidades’ (EWRC nas súas siglas en inglés); un evento de catro días de duración no mes de outubro, no que funcionarios das administracións rexionais e locais, expertos en políticas públicas, ademais de xornalistas e representantes do mundo académico, poñen en común boas prácticas e coñecementos especializados en materia de cohesión e desenvolvemento rexional e urbano.

Esta 17ª edición da EWRC, que se celebrará do 7 ao 10 de outubro, levará por título «As rexións e as cidades, alicerces do futuro da UE». O programa oficial da EWRC 2019 constará de máis de 300 sesións repartidas entre obradoiros, exposicións, laboratorios participativos, charlas a cargo de rexións europeas, sesións de preguntas e respostas, degustacións de produtos rexionais e actividades de networking. Estes actos agruparanse en seis bloques temáticos: 
  • O futuro da UE e o papel das rexións e as ciudades. 
  • Unha Europa máis próxima aos cidadáns. 
  • Unha Europa máis verde. 
  • Unha Europa socialmente máis integrada. 
  • Unha Europa máis intelixente.
  • Unha Europa máis conectada. 
A Fundación Galicia Europa (FGE) está a impulsar un ano máis a participación galega na EWRC, colaborando con outras entidades galegas como a Axencia Galega de Innovación (GAIN) ou a Autoridade Portuaria de Vigo. Velaquí unha breve descrición dos catro actos con participación da Fundación, que se celebrarán o martes 8 de outubro:
  • As rexións europeas na loita contra o Cambio Climático: A achega galega (08TK570). Unha charla en formato EURegion talks (un máximo de 30 minutos e en inglés) que impartirá unha representante da Xunta de Galicia expoñendo o propósito principal da Estratexia galega sobre Cambio Climático e Enerxía de cara a 2050: Converter a Galicia en peza clave do avance europeo cara a neutralidade climática.
  • O fomento do Crecemento Azul: O exemplo do Porto de Vigo (08TK584). Outra charla en formato EURegion talks na que se expoñerá a Estratexia de Crecemento Azul do Porto de Vigo, lanzada no ano 2016, tras loitar por identificar a todos os actores do sector portuario marítimo. Cando se definiron os métodos de traballo de 45 proxectos e 46 accións (16 de eles todavía en curso), a idea era converter ao Porto de Vigo nun porto verde, conectado, inclusivo e innovador. Grazas a esta Estratexia de Crecemento Azul, o Porto de Vigo vai por bo camiño ao ser o porto pioneiro en Europa en implementar unha estratexia que integra o traballo colectivo de todos os usuarios das instalacións portuarias, impulsando así a competitividade, a eficiencia e a sustentabilidade en todos os seus procesos, actividades e servizos.   
Inscrición
O prazo de inscrición en calquera dos seminarios, obradoiros, debates e actos incluidos na EWRC está aberto ata finais de setembro. As inscricións realizaranse mediante este enlace.

Para inscribirse nos actos, primeiro se debe iniciar sesión co nome de usuario da UE (EU Login) se xa se participou anteriormente, ou ben rexistrarse na plataforma se se é novo participante. A continuación, hai que completar o perfil cos datos persoais de cada usuario, buscar as sesións que sexan de interese (ben polo título ou polo código), consultar a descrición de cada unha e clicar en ‘Engadir sesión’. A súa selección de eventos da EWRC estará dispoñible na lista de sesións do seu perfil.

Primeiro cumio sobre o futuro da mobilidade autónoma
Coincidindo tamén coa Semana Europea das Rexións e das Cidades, o día 9 de outubro celebrarase un gran encontro sobre mobilidade autónoma con representación da industria, das institucións comunitarias e de autoridades rexionais. Este seminario está organizado polo Grupo Interrexional do Automóbil (Future of the Automotive Industry-CoRAI) do Comité Europeo das Rexións (CdR), un grupo creado no ano 2009 para reunir a aquelas rexións con grandes intereses no sector automobilístico como Galicia. 

O CoRAI considera que a condución autónoma representará un verdadeiro cambio no contexto actual, sendo a mobilidade unha necesidade básica e moi necesaria nunha sociedade europea que envellece cada vez máis. Os investigadores e a industria están a probar vehículos altamente automatizados e conectados ás estradas, e varias rexións e cidades europeas xa están a participar en proxectos de condución autónoma/conectada. Neste cume quérese convidar aos responsables de proxectos europeos punteiros en mobilidade para que compartan as súas experiencias e den as súas recomendacións aos representantes e técnicos rexionais e locais.

Con este obxectivo presente, o seminario de CoRAI vaise compoñer de tres partes diferenciadas: un panel técnico con representantes do sector da mobilidade para a exposición de novos proxectos e proxectos en curso; unha exhibición dos propios proxectos in situ e un debate político sobre mobilidade autónoma a nivel local no que participará a Xunta de Galicia. Prema nesta ligazón para inscribirse no seminario.

No panel e na mostra de proxectos do evento vai participar o Centro Tecnolóxico de automoción de Galicia (CTAG) coa presentación oficial do proxecto SISCOGA. SISCOGA, é unha iniciativa que comezou no ano 2010, e que correspóndese cun corredor de probas cuxo principal obxectivo é poñer en marcha proxectos relacionados coa Condución Autónoma e Conectada. O proxecto SISCOGA, que consta de 150 Km de estrada interurbana e urbana entre as cidades galegas de Vigo e Tui, pretende estenderse ata a cidade portuguesa de Porto dentro do marco do proxecto 5GMOBIX do programa europeo H2020.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante