Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

11/05/2017

A Fundación Galicia Europa informa a estudantes sobre as saídas laborais e formativas tanto na UE como en organizacións internacionais

Imaxe da xornada Móvete polo mundo. © Fundación Galicia Europa
Persoal da Fundación mostrou aos estudantes do Campus Terra de Lugo, pertencente á Universidade de Santiago de Compostela, as oportunidades de saídas laborais e prácticas, tanto na Unión Europea como noutros organismos internacionais.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2017.  A Fundación Galicia Europa  participou nas Xornadas "Móvete polo Mundo" organizadas pola Universidade de Santiago de Compostela no campus Terra de Lugo para informar aos estudantes sobre as oportunidades que se poden atopar para iniciar as súas carreiras profesionais no ámbito internacional e especialmente nas institucións europeas.

A exposición levada a cabo tivo como finalidade a presentación de bolsas  para a realización de prácticas, tanto na propia Fundación Galicia Europa como en institucións europeas e internacionais, tales como a Comisión Europea ou a Organización Internacional dos Traballadores (OIT). Nesta mesma temática, os estudantes recibiron consellos prácticos sobre a realización dunha correcta formulación dunha carta de motivación, sobre a adecuada elaboración dun curriculum vitae e unha demostración sobre o funcionamento da plataforma EURES.

 Así mesmo, fíxose unha exposición sobre as oportunidades laborais que a  Unión Europea ofrece, presentando información sobre as probas que é necesario superar para lograr acceder a unha praza de funcionario dentro das Institucións.

Desta maneira, a Fundación dá a coñecer á mocidade as oportunidades que brindan as institucións europeas, levando a cabo un dos seus fins fundacionais, o de dar a coñecer a Unión Europea á sociedade galega.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante