Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

22/06/2020

A FGE e a Axencia Galega de Innovación convocan unha bolsa de formación para titulados superiores no ámbito da I+D+i

5021F_1592835622_Bolsa_Gain__1_.png
  • As prácticas formativas ofrecen a posibilidade de coñecer de preto a actividade da UE para a fomento da I+D+i
  • A bolsa terá unha duración dun ano e desenvolverase na oficina da FGE en Bruxelas
  • O prazo de presentación de solicitudes dá comezo mañá, 23 de xuño, e remata o vindeiro 22 de xullo 
Bruxelas, 22 de xuño de 2020. A Fundación Galicia Europa (FGE) convoca, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), unha bolsa para a formación en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación destinada a titulados superiores universitarios. Esta é a quinta convocatoria da bolsa de I+D+i tras a entrada de GAIN no padroado da FGE en xuño de 2015.

A bolsa de prácticas terá unha duración dun ano e desenvolverase, principalmente, na oficina da FGE en Bruxelas. Tamén existe a posibilidade de que a persoa seleccionada realice breves periodos formativos nas dependencias de GAIN en Santiago de Compostela. 

O obxectivo da bolsa é a adquisición de coñecementos prácticos sobre políticas comunitarias relacionadas coa innovación e a investigación e a participación nas reunións das redes de cooperación rexional nas que participa a Xunta de Galicia para promover a participación galega en iniciativas de I+D+i, como son ERRIN (European Regions Research and Innovation Network) e a Vanguard Initiative.

A retribución bruta da bolsa será de 16.200 €. Ademais, o bolseiro recibirá unha axuda de 1.100€ en concepto de desplazamentos.

Requisitos para solicitar a bolsa

Para poder ser beneficiario da bolsa débese cumprir cos requisitos que se establecen no artigo 5 da convocatoria. Entre eles:
  • Posuír un título universitario de grao, licenciatura, enxeñaría ou equivalente. 
  • Posuír un nivel B2 ou superior la lingua inglesa. 
  • Ser natural de Galicia, fillo de galegos ou acreditar mediante o empadroamento residencia en Galicia, polo menos desde os dous anos anteriores á publicación da convocatoria. 
Ademais, non poderán presentarse a esta convocatoria bolseiros que gozasen dunha bolsa de prácticas da FGE en anos anteriores. 

Presentación de solicitudes

As solicitudes deberán presentarse de maneira obrigatoria mediante vía electrónica a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Así, poderase utilizar calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365. 

O prazo de presentación finaliza o 22 de xullo de 2020.

A Axencia Galega de Innovación 

A Axencia Galega de Innovación é unha axencia pública autonómica, adscrita á Consellería de Economía, Emprego e Industria pero con personalidade xurídica propia, que ten como finalidade fomentar e vertebrar as políticas de innovación nas administracións públicas galegas, e o apoio e impulso do crecemento e da competitividade das empresas galegas, a través da implementación de estratexias e programas de innovación eficientes.

A Fundación Galicia Europa

A Fundación Galicia Europa (FGE) é unha entidade instrumental do sector público autonómico creada en 1988 co fin de promover todas as accións que propicien o achegamento entre Galicia e Europa. Participada por diversas entidades públicas e privadas galegas, a Fundación está vinculada funcionalmente á Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia. Conta con dúas oficinas: unha en Santiago de Compostela e outra en Bruxelas, formando parte esta última das preto de 300 representacións rexionais establecidas na capital comunitaria.

Pódese acceder a todos os detalles da convocatoria aquí 


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante