Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

28/02/2020

Que fan os nosos bolseiros en Bruxelas?

Foto de familia dos becarios en Bruxelas.jpg
Pablo é graduado en Dereito e Ciencias Políticas pola Universidade de Touluse e ten un posgrao en Comercio Exterior e Economía Internacional pola Universidade de Barcelona. Hai xa once meses que é un dos nosos bolseiros en asuntos europeos na sede en Bruxelas e, aínda que está a piques de rematar a súa andaina coa Fundación, tivo un momento para atendernos para responder ás nosas preguntas.

FGE: Que tarefas desenvolves habitualmente na oficina da Fundación en Bruxelas?
Pablo: Entres as tarefas que desenvolvo principalmente en Bruxelas está a asistencia a reunións e eventos que se organizan nesta cidade sobre as distintas políticas públicas que nos afectan directamente. Algúns dos temas sectoriais dos que me ocupo son a política rexional, emprego e asuntos sociais, cultura, educación, transportes ou o Brexit e a súa incidencia en Galicia. Ademais, facemos un especial seguimento das negociacións do Marco Financeiro Plurianual 2021-2027, o presuposto a longo prazo da UE, que condicionará os fondos que recibimos polas políticas de cohesión. A nosa tarefa é tentar influír en favor dos nosos intereses nos debates que teñen lugar nestas reunións e dar coñecemento á Xunta de Galicia do que se está a falar nas institucións europeas a través de notas informativas.

Por outra banda, unha gran parte do meu traballo recae en facer seguimento da actividade do Comité Europeo das Rexións (CdR), órgano consultivo que representa aos entes rexionais e locais de Europa. Nel asisto ao noso director xeral de Relacións Exterior e coa UE, Jesús Gamallo Aller, nas sesións plenarias e nas reunións das comisións nas que participamos. Os bolseiros tamén realizamos tarefas de asistencia na preparación de axendas cando recibimos a visita dunha delegación galega en Bruxelas e participamos na organización de eventos e reunións na nosa oficina.

FGE: Que actividade destacarías especialmente?
Pablo: Participar nas sesións plenarias do CdR é especialmente emocionante. Nelas aproban os ditames que permiten a territorios como Galicia incidir na elaboración da lexislación comunitaria. Sempre se tramitan resolucións sobre asuntos de actualidade e se celebran debates con comisarios e altos cargos das institucións da UE. En xeral asistir a eventos fóra da oficina e sentir o pulso político dunha cidade vibrante como Bruxelas fan que esta experiencia pague a pena.

FGE: Que tes aprendido durante estas prácticas na FGE?
Pablo: A poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante a miña formación e asistir de cerca ao proceso de elaboración de políticas públicas na UE. O traballo na Fundación é moi dinámico, polo que todos os días aprendes algo novo.

FGE: Que queres facer tras finalizar esta etapa?
Pablo: O meu obxectivo e quedarme en Bruxelas traballando para alguna consultora ou institución europea, como Jaime (bolseiro en comunicación) que está agora a facer unhas prácticas na área de comunicación do CdR. Aquí temos moitas oportunidades de emprego relacionadas coa asesoría en asuntos europeos, aínda que a competencia no mercado laboral tamén é moi grande.

Pablo L. Gimeráns Sanjorge

---

Francisco é graduado en Química pola Universidade da Coruña. Leva case un ano como bolseiro na modalidade de I+D+i e, aínda que a súa bolsa aínda non saíu publicada para este ano, quixo compartir as súas impresións sobre o que leva na Fundación.

FGE: Que tarefas desenvolves habitualmente na oficina da Fundación en Bruxelas?
Francisco: O meu  labor na Fundación está centrada no seguimento das políticas europeas relacionadas coa innovación. Isto  quere dicir que teño que estar actualizado coas novidades sobre o próximo programa marco Horizonte Europa e no futuro programa Europa Dixital; xa que ambos son clave para a financiación e impulso do tecido innovador en Galicia. No día a día, o modo de traballo consiste en asistir a grupos de traballo e conferencias organizadas por redes rexionais das que GAIN é parceiro, e posteriormente elaborar informes recompilando toda a información posible. Por outra banda realizo tarefas paralelas de procura de convocatorias do programa Horizonte 2020 e a procura de parceiros para posibles proxectos con entidades galegas.

FGE: Que actividade destacarías especialmente?
Francisco: O que máis me ten gustado é coñecer a o modo de traballo das institucións europeas e descubrir todas as iniciativas e programas que apoian a innovación e a transferencia tecnolóxica en Europa. O día a día e moi dinámico, xa que asistir a numerosos eventos onde se expoñen proxectos rexionais en innovación e onde se da a oportunidade de coñecer a outros profesionais do sector.

FGE: Que tes aprendido durante estas prácticas na Fundación?
Francisco: Por riba de todo formeime en políticas europeas no ámbito da innovación e o desenvolvemento, familiariceime coas estruturas dos programas europeos máis importantes para o ecosistema de innovación galego, como son o Horizonte 2020 e Europa Dixital, así coma o próximo programa marco Horizonte Europa. Tamén a bolsa proporciona a oportunidade de coñecer o traballo diario das diferentes institucións europeas, que en moitas ocasións non son claras para o cidadán europeo.

FGE: Que queres facer tras finalizar esta etapa?
Francisco: O meu obxectivo é poder traballar nalguna institución europea ou nunha consultora, dedicarme ao deseño e asesoramento de políticas de I+D+i.

Francisco Javier Ferreiro Rey


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante