Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

18/06/2019

A Fundación Galicia Europa convoca unha nova edición do seu programa de especialización en financiamento comunitario TecEuropa

4559F_1560860304_Logo_TecEuropa.jpg
  • Esta oitava edición facilitará a participación de 20 técnicos de entidades galegas na Semana Europea das Rexións e das Cidades, que se celebrará entre os próximos 7 e 10 de outubro en Bruxelas.
  • Coma novidade a convocatoria está aberta a novos e antigos participantes en TecEuropa.
  • O prazo de solicitudes vai dende o 19 de xuño ao 18 de xullo de 2019. 
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2019. A Fundación Galicia Europa abre este martes 18 de xuño a convocatoria para unha nova edición do programa TecEuropa, que proporciona formación especializada sobre as políticas europeas e os programas de financiamento aparellados a elas. Nas sete primeiras edicións participaron máis de 145 persoas, que constitúen unha rede de especialistas en desenvolvemento, xestión e financiamento de proxectos europeos asentados en Galicia.

A Semana Europea das Rexións e das Cidades
Esta octava edición do programa TecEuropa desenvolverase integramente en Bruxelas do 7 ao 11 de outubro e estará orientado a facilitar a participación dos seus beneficiarios na Semana Europea das Rexións e das Cidades (EWRC2019). Este evento, que se celebra cada ano en Bruxelas, nace en 2003 da man do Comité Europeo das Rexións (CDR) e a Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea (DXREGIO) coma unha xornada de portas abertas, que tiña coma obxectivo que o público especialmente interesado nas políticas rexionais e urbanas tivesen unha visión xeral do funcionamento destas institucións europeas.

A día de hoxe configúrase coma un evento de catro días clave en Europa. A el asisten uns 6.000 participantes e 600 relatores a máis de 150 sesión de traballo, exposicións e actos. Este acontecemento é especialmente relevante xa que os entes subestatais participan na aplicación da maioría das políticas europeas, xestionan un terzo do gasto público total e son responsable de dous terzos da inversión pública europea.

TecEuropa 2019
Nesta oitava edición de TecEuropa, que coma novidade abre a súas portas a novos e antigos beneficiarios, a Fundación Galicia Europa servirá de apoio e asesoramento para que os participantes obteñan o máximo beneficio da súa asistencia á Semana Europea das Rexións e das Cidades. Os interesados deberán ter en conta que a maioría dos actos serán en inglés polo que se recomenda un nivel elevado neste idioma para aproveitar a súa participación no evento.

As 20 prazas que ofrece a Fundación serán adxudicadas, como en todas as convocatorias anteriores, seguindo un réxime de concorrencia competitiva en función do interese da súa entidade e da experiencia e a formación do solicitante.  Os solicitantes deben pertencer a algunha das entidades membro do padroado da Fundación (Xunta de Galicia, Axencia Galega de Innovación, Abanca, Consorcio Zona Franca de Vigo, Deputación Provincial de A Coruña e a Deputación de Lugo), a calquera entidade local galega (concellos e deputacións) ou a entidades sen ánimo de lucro con domicilio social en Galicia.

Se ten algunha dúbida sobre o programa pode consultar a sección de preguntas frecuentes TecEuropa 2019.


Documentos para descarga



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante