Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

10/08/2018

A Fundación Galicia Europa organiza dúas novas edicións do programa TecEuropa de especialización en financiamento comunitario

TecEuropa 2018.png

  • Cun total de 40 prazas, a primeira parte das dúas edicións celebrarase de forma conxunta en Bruxelas no mes de novembro; celebrándose a segunda parte, en dúas quendas, en Santiago de Compostela no mes de decembro. 
  • Mañá arrinca o prazo de presentación de solicitudes que, cun mes de duración, se prolonga ata o 10 de setembro. 
  • As solicitudes deberanse presentar, preferiblemente, por vía electrónica, sendo obrigatoria a presentación por este medio no caso dos empregados públicos.
Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2018. A Fundación Galicia Europa (FGE) organiza dúas novas edicións, de 20 prazas cada unha, do programa TecEuropa de especialización en materia de financiamento comunitario; formación dirixida ao persoal das entidades galegas interesadas en participar en proxectos europeos.

A primeira parte das dúas edicións celebrarase de forma conxunta en Bruxelas durante os días 26 e 30 de novembro. A segunda parte terá lugar en Santiago os días 11 e 12 de decembro, para a primeira edición, e 13 e 14 decembro, para a segunda a edición. O prazo de presentación arrinca mañá, 11 de agosto, tras publicarse hoxe o anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, prolongándose un mes, ata o 10 de setembro. 

Co fin de asegurar unha representación equilibrada do persoal das distintas entidades reservaranse o seguinte número de plazas por cada edición: 
7 prazas para persoal dalgunha das entidades membros do padroado da FGE: Xunta de Galicia, ABANCA, Consorcio Zona Franca de Vigo, Deputación de A Coruña, Deputación de Lugo e Axencia Galega de Innovación (GAIN). 
6 prazas para persoal dalgunha das entidades locais galegas. 
4 prazas para persoal dalgunha entidade pertencente ao terceiro sector en Galicia.
3 prazas para persoal doutras entidades públicas ou privadas galegas sen ánimo de lucro. 

As candidaturas deberán ser presentadas, preferiblemente, por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (código do procedemento: PR816A). A presentación electrónica será obrigatoria para os empregados públicos.

A solicitude consiste nun formulario, unha memoria explicativa do interese da entidade á que representa o candidato, unha breve explicación das propostas de proxectos europeos nas que a entidade estea a traballar e/ou dos proxectos nos que participou, e acreditación, de ser o caso, de formación específica en asuntos europeos e idiomas. 

Contido de TecEuropa

O programa TecEuropa, que celebrará xa a súa sexta e séptima edición, está composto por unha parte teórica, que se desenvolverá na oficina da FGE en Bruxelas, e unha parte práctica que se levará a cabo en Santiago de Compostela.

Os participantes recibirán formación especializada sobre o marco financeiro comunitario 2014-2020, os programas e iniciativas europeos e as vías de financiamento existentes, ademais de visitar, durante a estancia en Bruxelas, as sedes das institucións europeas co obxectivo de coñecer de primeira man as súas competencias e funcionamento.

O anuncio da convocatoria, publicada hoxe no DOGA, pode consultarse aquí


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante