Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

30/01/2018

Bolsas FGE 2018: relación provisional de admitidos e excluídos

4208F_1517329005_P1170737.jpg Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2018. Tras rematar o prazo onte para presentar candidaturas ás seis bolsas de formación en prácticas nas oficinas da FGE durante 2018, publícase a relación provisional de admitidos e excluidos

Os excluidos dispoñen dun prazo de 10 días hábiles a contar dende mañá (ata o 13 de febreiro) para poder emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión. 

Bolsas FGE 2018
O 28 de decembro a Fundación Galicia Europa publicou unha nova convocatoria de bolsas de formación en asuntos relacionados coa Unión Europea para 2018. Estos períodos de prácticas, de 11 meses de duración, teñen por obxectivo a formación de titulados superiores no seguimento das políticas comunitarias, a comunicación dos asuntos europeos e o secretariado de dirección. Dous dos bolseiros desempeñarán estas prácticas na oficina de Santiago de Compostela e os catro restantes na oficina de Bruxelas. Os candidatos deben ter unha vinculación con Galicia e ter obtido o título universitario ou de FP con posterioridade a 2010. O proceso de selección consta de dúas fases: unha valoración de méritos e unha entrevista. 

A Fundación Galicia Europa cumpre este ano 30 anos de existencia nos que ten formado a máis de medio millar de bolseiros que hoxe ocupan diversos postos na administración pública e o sector privado en Galicia e Bruxelas. 

Toda a información sobre as bolsas FGE 2018 pode atoparse aquí




© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante