Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

21/05/2021

Galicia aborda con outras rexións en Bruxelas a posta en marcha do Plan Europeo de Loita contra o Cancro

5337F_1621590948_jga.jpg
  • O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia durante reunión da comisión de Recursos Naturais do Comité Europeo das Rexións
  • O novo Plan Europeo de Loita contra o Cancro incluirá medidas para diminuír o consumo de tabaco, alcohol e comida non saudable de cara a reducir os factores de risco
Bruxelas, 20 de maio de 2021. O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia na reunión da comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións. Entre os debates mantidos, destaca o referente ao Plan Europeo de Loita contra o Cancro, que foi presentado pola Comisión Europea en febreiro como un dos piares da súa política reforzada en materia de saúde. O seu obxectivo é aproveitar as tecnoloxías e investigacións máis recentes para adoptar un novo enfoque comunitario en toda a traxectoria desta enfermidade: prevención, detección precoz, tratamento e calidade de vida dos pacientes e sobreviventes de cancro.

En relación coa prevención, a UE pretende aumentar a sensibilización dos cidadáns sobre a relación que existe entre a inxestión de alcohol, o consumo de tabaco e a alimentación non saudable no desenvolvemento do cancro. Ademais, a UE valora adoptar varias medidas como unha maior limitación da publicidade e maiores impostos ao alcohol e o tabaco, e se marca como obxectivo crear unha “xeración sen tabaco”. En relación coa alimentación, un novo Plan de acción contra a Obesidade Infantil e a actual Estratexia Da Granxa á Mesa fomentarán o cambio a unha dieta baseada en maior medida en froitas verduras e hortalizas, e menos sal e azucre.

O Plan de Loita contra o Cancro contará cun total de 4.000 millóns de euros do orzamento comunitario, en particular dos programas UE pro Saúde, Horizonte Europa e Europa Dixital.

A nivel europeo, o cancro é a segunda causa principal de mortalidade despois das enfermidades cardiovasculares. Cada ano, 2,7 millóns de europeos son diagnosticados coa enfermidades e causa a morte a outros 1,3 millóns. Estímase que o impacto global do cancro en Europa supera os 100.000 millóns de euros anuais. Sen unha acción decisiva, os casos de cancro poderían aumentar un 24% para 2035.

Agricultura ecolóxica e consumo responsable
Durante esta reunión, os representantes rexionais e locais debateron tamén sobre o Plan de acción para o desenvolvemento da produción ecolóxica, proposto en marzo pola Comisión Europea co obxectivo de acadar en 2030 que o 25% das terras agrícolas se dediquen á agricultura ecolóxica, e sobre a nova Axenda Europea do Consumidor, que fomenta hábitos de consumo máis responsables, en liña coa transición verde.

Igualmente, aprobaron un borrador de ditame referido á proposta de Directiva sobre a resiliencia de entidades crítica, na que se identifican 10 sectores clave, como o transporte, a enerxía ou a sanidade, onde as infraestruturas -físicas e dixitais- son consideradas esenciais para o bo funcionamento das nosas sociedades e, polo tanto, necesitan dunha atención especial. A comisión NAT solicita que o sector da distribución de produtos de primeira necesidade sexa incluído nesta lista, a raíz da experiencia vivida durante a pandemia.


Galicia na comisión NAT do Comité Europeo das Rexións
Neste sétimo mandato do CdR que deu comezo a principios de 2020, Galicia participa na comisión de Recursos Naturais (NAT) e na comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX). NAT prepara os ditames de opinión dos municipios e rexións europeas en áreas como a Política Agrícola Común, a pesca, o turismo ou a saúde pública.

O Comité Europeo das Rexións é a asemblea consultiva na que están representados os entes locais e rexionais da Unión Europea. En representación da Comunidade Autónoma de Galicia, o membro titular é o propio presidente da Xunta de Galicia, mentres que o cargo de membro suplente recae no director xeral de Relacións Exteriores e coa UE.

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante