Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

31/03/2021

Galicia aposta en Bruxelas pola transparencia para combater a desinformación

5299F_1617179880_JGA.jpeg
  • O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou hoxe a Galicia na segunda reunión do ano da comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX) do Comité Europeo das Rexións
  • Os membros de CIVEX debateron sobre o Plan de Acción para a Democracia Europea, unha proposta coa que a UE pretende promover a participación democrática, fortalecer o pluralismo dos medios de comunicación e contrarrestar a desinformación e a interferencia extranxeiras
Bruxelas, 31 de marzo de 2021. Durante a reunión de hoxe, os representantes rexionais e locais da UE abordaron a proposta feita en decembro pola Comisión Europea para establecer un Plan de Acción para a Democracia Europea. Co obxectivo de fomentar a participación democrática dos cidadáns de forma informada e libre de manipulacións e inxerencias, este plan propón varias iniciativas como o reforzo do código de boas prácticas sobre desinformación ao que xa se están subscritas as principais plataformas dixitais como Facebook ou Google.

Sobre este asunto, Gamallo destacou o papel que todos os niveis de goberno deben desempeñar para manter e adaptar a democracia da UE á realidade do século XXI. Nesta liña, apostou por unha “cultura política da transparencia” con normas claras en materia de publicidade política e de prevención da desinformación nas redes sociais. “Europa debería seguir sendo unha inspiración respecto da calidade democrática a nivel mundial”, destacou o director xeral apelando tamén ao apoio da UE para que os entes locais e rexionais poidan ofrecer una boa educación dixital aos cidadáns.

En outro orde do cousas, os membros de CIVEX aprobaron un borrador de ditame sobre a “Estratexia para reforzar na UE a aplicación da Carta de Dereitos Fundamentais”, debateron sobre a participación dos cidadáns na Conferencia sobre o Futuro de Europa e realizaron un seguimento das negociacións da Reserva de Adaptación ao Brexit.

A comisión CIVEX do Comité Europeo das Rexións
O Comité Europeo das Rexións representa aos entes locais e rexionais da Unión Europea, asesorando sobre aquelas políticas e lexislacións que teñen un impacto directo sobre eles. Galicia conta cun membro titular e un suplente nesta asemblea política composta por 329 membros e os seus respectivos suplentes. No actual mandato 2020- 2025, Galicia participa na Comisión de Recursos Naturais (NAT) e na Comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX). Esta última elabora ditames en materia de seguridade, liberdade, xustiza, política migratoria e cidadanía activa, entre outros.

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante