Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

22/10/2020

Galicia debate con outras rexións europeas sobre o futuro fondo de compensación polo Brexit

5158F_1603389947_Task_Force.png
  • A Fundación Galicia Europa representou a Galicia no Grupo Operativo para o Brexit da Comisión do Arco Atlántico  
  • Nesta reunión a Comisión debateu sobre o deseño da Reserva de Axuste do Brexit


Bruxelas 22 de outubro de 2020. Hoxe, a directora da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, Ana Ramos, representou a Galicia no Grupo Operativo da Comisión do Arco Atlántico para o Brexit (CAA), na que Galicia exerce como coordinadora. Durante esta reunión virtual, os representantes das rexións atlánticas e da Comisión do Mar do Norte puideron debater sobre a Reserva de Axuste do Brexit (BAR, polas súas siglas en inglés), aprobada polo Consello Europeo o pasado mes de xullo.  

 

Na súa intervención, Ana Ramos, resumiu o traballo levado a cabo por este grupo operativo, para salvagardar ás rexións atlánticas dos efectos negativos da saída do Reino Unido, como as máis de 10 reunións mantidas con representantes comunitarios e a emisión de varias declaracións políticas nas que se recollen as súas inquietudes ou os riscos para a industria pesqueira europea. Un traballo que desembocou, finalmente, na aprobación dunha das súas reivindicacións principais, o mecanismo financeiro BAR dotado con 5000 millóns de euros e destinado a mitigar os efectos do Brexit nos Estados máis afectados durante os próximos sete anos. 

 

Ademais, nesta reunión virtual, os participantes debateron sobre como tratar de influír perante as institucións comunitarias para conseguir que esta reserva teña unha dimensión territorial. Espérase que a Comisión Europea publique a súa proposta de xestión no mes de novembro, para que poida poñerse en marcha no 2021.

 

 

Galicia na Comisión do Arco Atlántico 

 

Galicia coordina desde o 2017 o Grupo Operativo do Brexit, creado co obxectivo de facer un seguimento das negociacións entre a UE e o Reino Unido, dentro da Comisión do Arco Atlántico. Esta é unha das seis comisións xeográficas da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM) e está integrada por rexións de cinco Estados (España, Portugal, Francia, e Reino Unido). Galicia é membro desta Comisión desde a súa creación no ano 1989. Trátase dun espazo de cooperación dinámico creado para promover todo o potencial das rexións atlánticas e afrontar os seus principais retos desde unha perspectiva política, social, económica e ambiental conxunta. Con preto de 60 millóns de habitantes, as rexións da  CAA representan ao 12% da poboación europea. 



Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante