Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

23/09/2020

A Xunta e a Dirección Xeral de Mercado Interior, Industria e Emprendemento da UE abordan a nova estratexia industrial para Europa

5101F_1600878076_estratexia_industrial.png
    • A Fundación Galicia Europa organiza o segundo encontro da serie de reunións virtuais “Galicia na recuperación económica europea” 
    • No encontro tratáronse os tres motores necesarios para unha profunda transformación industrial en Europa: a transición ecolóxica, a transformación dixital e a creación das condicións necesarias para que as empresas europeas sexan competitivas no mercado mundial

    Bruxelas, 23 de setembro de 2020. A Xunta reuniuse hoxe co xefe da unidade de Estratexia Industrial e Cadeas de Valor da Dirección Xeral de Mercado Interior, Industria, Emprendemento e Pemes, Mark Nicklas, no ciclo de encontros virtuais “Galicia na recuperación económica europea”, para coñecer de primeira man as características da nova estratexia industrial da UE e identificar as oportunidades de atraer financiamento comunitario para proxectos industriaies galegos. 

    Neste segundo encontro virtual organizado pola Fundación Galicia Europa, Nicklas, destacou a importancia dos Fondos de Recuperación e  Resiliencia postos en marcha pola Comisión Europea para acelerar a transición verde e dixital, e para investir no fortalecemento das economías europeas. Entre os proxectos afíns aos obxectivos destes fondos atópanse aqueles destinados a unha  mobilidade sostible, a posta en marcha da conectividade 5G, o fomento dunha industria hipocarbónica e a modernización das administracións públicas.

    A posta en marcha da nova estratexia industrial europea, que fora aprazada por mor da Covid – 19 o pasado mes de marzo, ten como obxectivo principal a mellora da integración e do funcionamento do mercado interior europeo. Con esta estratexia a UE quere liderar a transición ecolóxica da industria, aumentar a súa competitividade a nivel mundial e acometer profundas transformacións dixitais que liberen todo o potencial das pequenas e medianas empresas, xa que entende que estas son esenciais para a competitividade e a prosperidade da Unión. Para iso, este plan industrial pretende facilitar o acceso das pemes ó financiamento, reducir a burocracia e fomentar a innovación a través de centros de innovación dixital seguindo como folla de ruta o Pacto Verde Europeo.

    No discurso sobre o estado da Unión do pasado mércores, a presidenta da Comisión Europea, Ursula Von der Leyen, destacaba a importancia desta estratexia para apuntalar a recuperación económica de Europa, alcanzar a neutralidade climática, e manter a soberanía dixital da Unión. Unha soberanía para a que anunciou medidas como o investimento de 8.000 millóns de euros para a fabricación da seguinte xeración superordenadores feitos en Europa, que permitan un maior procesamento dos datos industriais.


    Galicia na recuperación económica

    Tras a primeira reunión do ciclo de encontros virtuais “Galicia na recuperación económica” sobre o Fondo de Transición Xusta, a Fundación Galicia Europa concertou este novo evento en liña para dialogar sobre a nova estratexia industrial europea. Esta serie de encontros virtuais teñen como obxectivo que os distintos departamentos da administración autonómica galega poidan coñecer de primeira man as estratexias europeas en curso; unhas estratexias que cobran maior relevancia no marco do novo Plan de Recuperación para Europa e do novo marco financeiro plurianual 21-27. 

    Documentos para descarga



    Sello AYS Innova entidad adaptada

    © Fundación Galicia Europa

    Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante