Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

15/09/2020

A Xunta traslada á Comisión Europea as prioridades para Galicia en materia de augas e mobilidade que aspiran ao financiamiento dos FEDER e do Fondo de Reconstrucción

Reunión_Xunta

Bruxelas, 14 de setembro do 2020. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, reuniuse esta semana coa directora de Calidade de Vida da Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea, Verónica Manfredi, e co director adxunto na Dirección Xeral de Política Rexional, Normunds Popens, co fin de facerlle chegar as autoridades europeas as prioridades da Xunta en materia de augas, infraestruturas e a transformación dixital aplicada ao transporte público de Galicia.

Neste encontro, concertado pola Fundación Galicia Europa, Ethel Vázquez trasladou as distintas actuacións estratéxicas da Xunta para a Comunidade, aliñadas cos obxectivos marcados no programa operativo Feder 21/27 e no marco de financiamento Next Generation-UE que son susceptibles de recibir fondos comunitarios para levalas a cabo.

Ademais, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, puido afondar nas singularidades de Galicia, desde o punto de vista xeográfico e hidrolóxico como, a dispersión xeográfica, as peculiaridades dos ríos galegos e a riqueza que se xera en torno as rías.


Máis información:

Xunta


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante