Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

27/01/2020

A Xunta reitera en Bruxelas a súa defensa dunha PAC común para toda a UE pero que contemple as peculiaridades do agro galego

O conselleiro de Medio Rural, José González, departindo co ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas. Fonte: © European Union 2020.jpg Ver máis...
  • O conselleiro de Medio Rural, José González Vazquez, asistiu ao Consello de Ministros de Agricultura da UE representando ás comunidades españolas co ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas.
  • Por iso, o Goberno galego apostou na capital comunitaria por medidas como a obrigatoriedade dos pagos redistributivos desde as grandes explotacións ás pequenas.
  • Galicia avoga tamén por prorrogar o Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) para garantir a continuidade de todas as liñas de axudas no ano 2021 e por un Pacto Verde Europeo que favoreza a adaptación transitoria das actividades agrícolas a ese enfoque ambiental.
Bruxelas, 27 de xaneiro de 2020. A Xunta de Galicia defende que a Política Agrícola Común (PAC) teña en conta as peculiaridades do medio rural galego. Así o reiterou hoxe en Bruxelas o conselleiro de Medio Rural, José González, que asistiu ao Consello de Ministros de Agricultura da Unión Europea en representación das comunidades autónomas españolas, acompañando ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas.

Nesta liña, o titular de Medio Rural manifestou que a postura de Galicia é de plena lealdade co Goberno de España á hora de apoiar unha PAC común para toda a UE, pero tamén mantivo unha posición de absoluta firmeza na defensa dos intereses dos agricultores, gandeiros e silvicultores galegos ante as instancias europeas.

Por iso, o conselleiro González insistiu na necesidade de que os pagos redistributivos da PAC sexan obrigatorios e non de aplicación voluntaria. Esta medida permitiría que se redistribúan os pagos a nivel nacional desde as grandes explotacións ás pequenas, como un mecanismo para garantir a súa pervivencia e estabilidade.

José González lembrou ademais que Galicia conta nesta demanda co respaldo das demais comunidades españolas da cornixa cantábrica, coas que chegou a un acordo na defensa desta orientación. Nestes territorios, incluído o galego, predominan as pequenas explotacións, fronte ás explotacións de maior dimensión do centro e sur de España.

Continuidade das axudas
Así mesmo, o conselleiro reiterou a aposta da Xunta por unha prórroga do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020 de Galicia para o ano 2021, como medida para garantir a continuidade de todas as liñas de axudas que ampara este programa, entre elas de maneira específica as axudas agroambientais e as destinadas a zonas desfavorecidas e de montaña. Neste sentido, González lembrou que a nosa comunidade mantén un moi bo ritmo de execución do seu PDR, polo que busca que neste período transitorio, sobre todo no 2021, sexa posible axustar o programa con diñeiro do próximo marco (2021-2027) e completar así ditas medidas.

Respecto ao Pacto Verde Europeo, que se está debatendo nos diferentes foros comunitarios, o conselleiro de Medio Rural advertiu que a sustentabilidade ambiental é algo que ninguén discute e que os agricultores, gandeiros e silvicultores galegos están totalmente comprometidos con estas políticas. Por tanto, González sinalou que a Xunta de Galicia demanda que xunto con ese enfoque exista tamén a transitoriedade suficiente para poder adaptar as súas actividades a ese pacto. É dicir, que se teña en conta o esforzo que xa fan os axentes do rural galego a favor do medio ambiente, de forma que a necesaria produción de alimentos sans e seguros siga sendo compatible con esa Europa Verde pola que se aposta.

Así mesmo, José González dixo que a defensa de todas estas medidas -e doutras que favorezan dentro da PAC o noso tecido agrario- faise sempre de acordo cos diferentes axentes sectoriais, cos que a Xunta mantén un pleno consenso, e ademais co apoio de expertos, que conforman un grupo de traballo específico sobre a materia tamén creado polo Goberno galego.

Cabe reseñar que durante esta visita á capital europea, o conselleiro de Medio Rural estivo acompañado e asistido ao longo de toda a xornada por membros da oficina en Bruxelas da Fundación Galicia Europa.


Imaxes relacionadas


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante