Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

22/05/2019

A Xunta destaca no Comité Europeo das Rexións a acuicultura sostible como elemento de desenvolvemento económico

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta, Jesús Gamallo, defendeu as potencialidades da acuicultura no seminario da Comisión NAT do CdR.jpg Ver máis...
  • O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, resaltou a achega galega á produción acuícola a nivel europeo nun seminario sobre acuicultura en auga doce organizado pola comisión de Recursos Naturais do CdR.
  • O representante autonómico incidiu nas oportunidades que ofrece este sector infraexplotado hoxe na Unión, recordando tamén as medidas aprobadas no seu ditame do Comité en 2015 para impulsar esta industria de forma significativa.
Bruxelas, 22 de maio de 2019. O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo, presidiu hoxe en Bruxelas a sesión de traballo sobre acuicultura ‘Retos e potencial da acuicultura de auga doce’; un debate organizado pola comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións (CdR) no que se tratou a importancia da industria acuícola como medio de crecemento económico, de xeración de emprego e de resposta ás crecentes necesidades alimentarias dos Estados membros da Unión Europea.

Na súa intervención, Gamallo explicou o rol clave que xogan as administracións rexionais e locais europeas como entes responsables de xestionar os fondos económicos europeos (PAC, FEMP) destinados a desenvolver e aproveitar o potencial latente deste sector económico. O representante galego recordou, en si mesmo, como o Comité das Rexións vén defendendo nos últimos tempos a necesidade dunha complementariedade entre a pesca extractiva e a acuicultura, xunto ao desenvolvemento sostible desta industria desde o punto de vista do medio ambiente. 

O director xeral de Relacións Exteriores definiu dous retos que debe afrontar hoxe en día a acuicultura da UE na modalidade de auga doce. Segundo Jesús Gamallo, cómpre mellorar a produción europea respecto ao sector global e facer un esforzo para aumentar a competitividade, a calidade e o valor engadido dos produtos acuícolas de orixe europeo a fin de reverter «o patente desequilibrio entre a produción acuícola asiática e a europea», sinalou. Para o líder galego, as importacións de pescado e marisco de Asia exercen unha presión cada vez maior, en termos de prezo e volume de produción, sobre os produtores acuícolas de Europa.

Pese á presente conxuntura da acuicultura na Unión, Gamallo puxo en valor o potencial de crecemento que presenta un sector que ocupa actualmente a cerca de 85.000 persoas na UE a través dunhas 14.000 empresas; remarcando en si mesmo, a importancia da propia acuicultura na consecución dos obxectivos europeos e mundiais de produción de alimentos de cara aos próximos 30 anos. Nesta capacidade de crecemento europeo, Jesús Gamallo defendeu a gran aportación de Galicia en materia de produción acuícola, cun 20% do total de peixes e mariscos criados na Unión (con especial énfase na produción de mexillón) que sitúan á comunidade galega como un dos referentes mundiais da industria.

Seguimento do ditame de 2015
Co obxectivo de impulsar a acuicultura europea e facilitar a súa expansión mercantil, Jesús Gamallo enumerou algunhas das medidas aprobadas no ditame que liderou en 2015 no Comité Europeo das Rexións a este respecto. Entre as principais medidas de fomento á acuicultura, o líder galego destacou a simplificación dos procedementos administrativos e a maior seguridade xurídica para os inversores no acceso ao espazo, a necesidade de apostar pola innovación e a formación dos produtores para explotar todo o potencial da acuicultura, xunto á defensa das boas prácticas e a promoción dos mercados locais. 

Para Gamallo, a implantación progresiva destas medidas motivaría un importante crecemento da acuicultura que sería moi beneficioso para as zonas rurais e estruturalmente máis débiles, ademais de xerar múltiples postos de traballo cualificado.

A Comisión NAT do Comité Europeo das Rexións 
Neste mandato, Galicia participa tanto na Comisión de Recursos Naturais (NAT) coma na Comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX) do Comité Europeo das Rexións. A Comisión NAT do CdR ocúpase de temas como a política agrícola común (PAC), o desenvolvemento rural, a silvicultura, a produción alimenticia, a política pesqueira común (PPC) ou a política de asuntos marítimos, entre outras atribucións. 

O Comité das Rexións é a asemblea consultiva na que están representados os entes locais e rexionais da Unión Europea. En representación da Comunidade Autónoma de Galicia, o membro titular é o propio presidente da Xunta de Galicia, mentres que o cargo de membro suplente recae no director xeral de Relacións Exteriores e coa UE.

Imaxes relacionadas


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante