Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

02/04/2019

Galicia representa ao Comité Europeo das Rexións nun cumio sobre cooperación internacional no eido pesqueiro

Galicia representa ao Comité Europeo das Rexións nun cumio sobre cooperación internacional no eido pesqueiro.jpg
  • O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, explicou como o impulso da chamada Iniciativa de Nicosia do Comité Europeo das Rexións dá apoio a municipios libios.
  • Galicia puxo en valor a súa experiencia no sector pesqueiro, así como en cooperación internacional para o desenvolvemento no eido marítimo e pesqueiro.
Udine (Italia), 2 de abril de 2019. O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou este martes na cidade italiana de Udine na conferencia “Accións piloto no sector pesqueiro para o desenvolvemento económico de Libia”, en representación do Presidente do Comité Europeo das Rexións (CDR). Gamallo relatou como a Iniciativa de Nicosia, un proxecto do CDR, está a canalizar o apoio ofrecido polas cidades e rexións europeas ata municipios libios co obxectivo de crear asociacións beneficiosas e sostibles e mellorar as condicións de vida dos cidadáns libios.

Na súa intervención, en representación do Comité Europeo das Rexións, o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta recoñeceu o papel fundamental dos alcaldes libios que confiaron na oferta de cooperación e nos métodos de traballo ofertados por diferentes cidades e rexións da UE, ás que se uniu Galicia recentemente. Gamallo destacou que os traballos de cooperación aseguran os mellores servizos os cidadáns, ofrecéndolles una perspectiva de paz, estabilidade e desenvolvemento sostible en cooperación con socios europeos.

O director xeral puxo en valor, na súa intervención en Udine, o sector pesqueiro galego (que engloba a pesca extractiva, o marisqueo e a acuicultura), cuxa cifra de negocio supera a barreira dos 8.000 millóns de euros. Ademais da facturación directa, esta actividade estimula o funcionamento doutros moitos axentes económicos en Galicia. De feito, do sector pesqueiro galego dependen non só os máis de 21.700 mariñeiros, acuicultores e mariscadores que faenan habitualmente, senón tamén traballadores de actividades como a industria conserveira, a hostalería ou o comercio. Estímase que por cada emprego no mar créanse arredor de catro empregos máis en terra. Isto leva a Galicia a achegar máis do 50% do emprego marítimo–pesqueiro de España e o 10% da Unión Europea.

Galicia, a través da fundación Cetmar e de Cooperación Galega, conta cunha ampla actividade e cunha dilatada traxectoria e experiencia en cooperación no eido da pesca, actuando en máis de trinta países de África e América Latina, onde desenvolve máis de 150 proxectos e servizos, fundamentalmente destinados a apoiar a pesca artesanal e a impulsar a investigación pesqueira.
 


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante