Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

28/11/2018

As rexións Atlánticas e do Mar do Norte analizan o acordo do Brexit e os seus plans de continxencia

Jesús Gamallo inaugura a reunión sobre o Brexit xunto a Michiel Rijsberman da Provincia holandesa Flevoland.jpg
  • O director de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, encargouse de inaugurar a oitava reunión do Grupo Operativo do Brexit, no marco da Comisión do Arco Atlántico, que coordina a Fundación Galicia Europa

Bruxelas, 28 de novembro de 2018.O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea encargouse hoxe de inaugurar a reunión do grupo operativo que analiza as posibles consecuencias da saída do Reino Unido da UE nas rexións atlánticas que, por vez primeira, foi acollida pola comisión do Mar do Norte.

Os participantes, entre os que se atopaban representantes da Comisión Europea, debateron o acordo sobre o Brexit e as súas particularidades; así como sobre a posibilidade de que este sexa rexeitado polo Parlamento británico e o impacto de tal decisión nas rexións europeas. Ademais, os representantes das rexións Atlánticas e do Mar do Norte, que por primeira vez se sumaban ao debate, expuxeron as medidas de continxencia que puxeron en marcha en caso de que, finalmente, o acordo non sexa ratificado.

Na súa intervención, Gamallo cualificou de satisfactorio o acordo conseguido polos vinte e sete que permitirá á frota galega seguir pescando en augas británicas ata o 2020; cunha etapa de transición que se pode estender ata o 2022. Malia todo, o representante galego pediu cautela, posto que, mentres o acordo non sexa ratificado polo parlamento británico, non existe unha verdadeira garantía.

Grupo operativo do Brexit
Dado que a saída de Reino Unido afecta dunha forma especial ás rexións do Atlántico, Galicia propuxo en marzo de 2017 a creación dun Grupo Operativo específico no seo da Comisión do Arco Atlántico, unha das seis comisións xeográficas nas que traballa a Conferencia de Rexións Periféricas e Marítimas. Baixo o liderado da Fundación Galicia Europa, este grupo tense reunido sete veces, para analizar as implicacións do Brexit e buscar solucións en común.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante