Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

01/10/2018

Galicia demanda en Bruxelas unha asistencia sanitaria europea que facilite o acceso seguro aos rexistros de saúde dos pacientes

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na reunión da Comisión de Recursos Naturais do CdR na que se debateu a comunicación da Comisión Europea sobre a transformación dixital da saúde.jpg
  • O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na reunión da Comisión de Recursos Naturais do CdR na que se debateu a comunicación da Comisión Europea sobre a transformación dixital da saúde
  • Os líderes rexionais e locais debateron tamén sobre outras temáticas coma a reforma da Política Agraria Común, o Fondo Marítimo e Pesqueiro ou o Fondo Social Europeo
Bruxelas, 1 de outubro de 2018. O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo destacou a importancia de ter máis eficaz o sistema de asistencia sanitaria europeo valéndose de todos os avances de innovación dixital, xa que a finais de abril a Comisión Europea adoptou unha comunicación sobre a transformación dixital da saúde na Unión Europea de cara a instaurar servizos de alta calidade que faciliten o acceso seguro aos rexistros de saúde dos pacientes a través das fronteiras.

A comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións debateu hoxe en Bruxelas sobre esta comunicación para fixar unha postura común ao ter as autoridades rexionais e locais, coma no caso de Galicia, un papel moi importante que xogar na implantación da dixitalización da atención sanitaria, que xestionan directamente.

Jesús Gamallo destacou tamén a importancia de avanzar na investigación e mellorar a prevención de enfermidades; coincidindo ademais co relator do ditame e presidente da rexión de Murcia, Fernando López Miras, na necesidade de establecer normas comúns obrigatorias para todos os Estados Membros para eliminar a interoperabilidade e avanzar cara a sistemas máis eficientes.

Outro punto que xerou controversia entre os líderes rexionais e locais, tal e como se recolle na proposta de ditame, é a ausencia de medidas concretas para garantir que cidadáns e pacientes entendan a lexislación que se porá en marcha para protexer a privacidade dos seus datos médicos.

Reforma da Política Agrícola Común
Tras a presentación por parte da Comisión Europea das propostas lexislativas para o novo período de programación a partir de 2020, os membros da comisión NAT debateron sobre a Política Agraria Común; que presenta cambios importantes coma a introdución de plans estratéxicos a nivel estatal. Deste modo, cada estado membro deberá informar sobre o cumprimento de obxectivos coma a competitividade, o equilibrio na cadea alimentaria ou o coidado do medio ambiente.

O futuro do Fondo Europeo Marítimo e Pesqueiro, ditame ao que Galicia contribuíu con diferentes emendas, e do Fondo Social Europeo tamén centraron as discusións dos líderes rexionais e locais que se reunirán a videira semana en sesión plenaria.

A Comisión NAT do Comité das Rexións europeo
Neste mandato, Galicia participa nas comisións de Recursos Naturais (NAT) e na Comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX) do Comité Europeo das Rexións. A comisión NAT encárgase de temas como a Política Agrícola Común (PAC), o desenvolvemento rural ou a pesca.

O Comité das Rexións é a asemblea consultiva na que están representados os entes locais e rexionais da Unión Europea. En representación da Comunidade Autónoma de Galicia, o membro titular é o propio presidente da Xunta de Galicia, mentres que o cargo de membro suplente recae no director xeral de Relacións Exteriores e coa UE.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante