Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

22/03/2018

A Fundación Galicia Europa participa na apertura dun segundo tramo do Camiño belga de Santiago

Castelo de Beloeil.jpg
A nova vía, froito da labor da Asociación Belga Amigos do Camiño de Santiago, conecta as localidades valonas de Ath a Beloeil. 
A FGE, representada a través da directora da súa oficina en Bruxelas, agradeceu a labor continuada da Asociación Belga de Amigos do Camiño; salientando a súa aposta pola recuperación da Vía Tenera de peregrinación a Santiago de Compostela. 

Bruxelas, 22 de marzo de 2018. A Fundación Galicia Europa (FGE) participou o pasado domingo na inauguración dun novo tramo do Camiño de Santiago belga. Esta nova ruta, parte da Vía Tenera e froito da labor da Asociación Belga de Amigos do Camiño de Santiago, conecta as localidades valonas de Ath e Beloeil.

A FGE estivo representada nesta inauguración a través da directora da súa oficina en Bruxelas, Ana Ramos Barbosa, quen agradeceu a labor continuada que realiza a Asociación Belga de Amigos do Camiño promovendo a ruta de peregrinación a Santiago de Compostela. O novo tramo inaugurado, de algo máis de 19 kilómetros de percorrido, conecta as localidades de Ath e Beloeil e supón a continuación do tramo inaugurada o pasado setembro, entre Deux-Acren e Ath.

Vía Tenera, camiño de conexión entre Holanda e Francia
Esta inauguración supón un paso máis na recuperación da Vía Tenera, un dos percorridos preferidos dos peregrinos na Idade Media. Tras deixar de figurar nos itinerarios oficiais, a Asociación Belga de Amigos do Camiño de Santiago propúxose a súa recuperación, comezando en 2016 os traballos de restauración da mesma. 

Así, esta vía, que trascorre a carón do río Dendre, permite descubrir aos peregrinos que chegan dende Holanda o maravilloso patrimonio presente en Bélxica ata conducilos a Valenciennes e Cambrai, no norte de Francia, pasando por Anveres, Dendermonde, Lessines, Ath e Rombies-Marchipoint.  

Os dous tramos recentemente inaugurados unen a fermosa igrexa de Saint-Martin en Deux-Acren co espectacular Castelo de Beloeil, nun percorrido que conta con numerosos monumentos de interese e magníficas paisaxes.

Asociación Belga de Amigos do Camiño
A Asociación Belga de Amigos de Galicia celebrou no 2017 o seu 30 aniversario. Ao longo desas tres décadas a asociación contribuiu a facer do Camiño un itinerario que expresa os valores culturais, espirituais, patrimoniais e interpersoais que caracterizan á civilización europea. 

A ruta de Santiago de Compostela desempeñou, e segue desempeñando, un papel fundamental na promoción dos intercambios culturais entre Galicia, a Península Ibérica e os resto de Europa debido á súa gran popularidade. 


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante