Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

09/03/2018

Galicia lidera na UE a defensa dun novo fondo de financiamento pesqueiro que dea continuidade ao actual e mellore a aposta pola economía mariña e o emprego

4227F_1520875279_39815101945_832e936b56_k.jpg Ver máis...
  • O borrador do ditame sobre o futuro fondo que lidera Galicia foi aprobado por ampla maioría na comisión de Recursos Naturais do Comité Europeo das Rexións
  • O documento fai fincapé na necesidade dun fondo que promova o atractivo da profesión para acadar o adecuado relevo xeneracional 
  • Tamén pon de relevo a necesidade de apoiar ás pequenas comunidades costeiras
  • A simplificación administrativa é outro aspecto que defende o documento co obxectivo de facilitar a súa aplicación práctica 
Bruxelas, 9 de marzo de 2017. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, asistiu hoxe en calidade de experta á votación do proxecto de ditame ”FEMP máis aló de 2020: investir nas comunidades costeiras de Europa”, un labor que lidera Galicia por encargo da comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde hoxe se realizou a votación. No texto do ditame, que foi aprobado por ampla maioría no marco desta comisión despois de aceptar 11 enmendas, deféndese un novo fondo de financiamento pesqueiro que dea continuidade ao actual Fondo Europeo Marítimo e Pesqueiro (FEMP).

Ademais, destácase a importancia de que o futuro fondo proporcione apoio a novos negocios e aos que están en marcha para diversificar as industrias marítimas tradicionais. Para iso, defende unha ferramenta financieira centrada na importancia da actividade pesqueira e en conservar o seu carácter tradicional. Considérase tamén necesario que o futuro fondo promova o atractivo da profesión para acadar o adecuado relevo xeneracional e medidas que faciliten a cohesión interna do sector estimulando a cogobernanza.

Outras das prioridades de Galicia de cara ao novo fondo é a de contribuír á conservación dos recursos mariños e á mellora da sustentabilidade ambiental. Para iso, debería estimular a renovación da frota pesqueira, a recollida e sistematización de datos, a investigación aplicada e o impulso da competitividade da industria transformadora e comercializadora.

Ademais, o proxecto de ditame sinala que o novo fondo debe reforzar a dimensión territorial das políticas e apoiar ás pequenas comunidades costeiras nas súas estratexias de desenvolvemento local participativo, que tanto éxito demostraron na diversificación e complementación das actividades económicas costeiras.

Nesta xornada de votación,  Galicia tamén puxo de relevo a importancia de sumar as sinerxías que ofrecen outros fondos como o Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (FEADER), o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), debido ao carácter rural e periférico da maioría das zonas costeiras, e o Fondo Social Europeo.

Ademais a Xunta tamén fixo fincapé noutro dos aspectos que incide o ditame: a necesidade de simplifcación para facilitar a súa execución por parte de administracións e pescadores, e adaptada á realidade e ás necesidades dos sectores do mar. O documento tamén defende que o novo fondo sexa acorde e coordinado coa normativa europea, e orientado a conseguir os obxectivos da Política Común de Pesca e da Política Marítima Integrada.

En canto á súa aplicación, o ditame define o apoio público en forma de subvención como a mellor opción debido a que garante o control do destino e aplicación sobre algo concreto. Tamén porque xera efecto dinamizador directo sobre a economía, estimula as iniciativas en cuestións radicadas nos obxectivos da PCP, xera confianza e asegura a obtención de financiamento.

Un dos acontecementos que defendeu a Xunta que hai que ter en conta no futuro fondo financieiro é o Brexit, e no caso da pesca podería afectar ao financiamento, aos dereitos de acceso ás augas británicas e aos seus mercados. Neste sentido, Galicia avoga por un novo fondo europeo de financiamento que leva unidos eses aspectos e que trate de corrixir os puntos débiles que poidan darse como consecuencia de preservar a unidade da Europa pesqueira.

Próximos pasos
A elaboración do ditame FEMP máis aló de 2020 é un labor que lideraGalicia co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, á cabeza, por encargo da comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións (CdR). Nel Galicia tivo en conta as aportacións realizadas polos representantes dos distintos sectores do mar da Unión Europea nunha xuntanza á que asistiu a conselleira do Mar, Rosa Quintana e que se celebrou en Bruxelas o pasado 22 de xaneiro. 

A versión final do ditame votarase na sesión plenaria prevista para os días 16 e 17 de maio.

Fonte: Xunta de Galicia

Imaxes relacionadas


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante