Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

20/02/2018

A UE escolle a Galicia para participar nun foro que avalía as posibles consecuencias do brexit nas rexións europeas

4220F_1520002612_image_gallery.jpg Galicia é a única comunidade autónoma de España que foi invitada polo Comité das Rexións para amosar a súa opinión ao respecto do Brexit, unha grande oportunidade que lle permitirá defender ao sector marítimo-pesqueiro ante as incertezas que supón o proceso

Bruxelas, 20 de febreiro de 2018. Representantes da Xunta de Galicia participan hoxe en Bruxelas nun foro que avalía as posibles consecuencias e o impacto territorial da saída do Reino Unido da Unión Europea. A comunidade de Galicia é a única de España que foi convidada o Comité das Rexións para mostrar a súa opinión respecto diso ao brexit, especialmente con relación ao seu impacto sobre o sector marítimo-pesqueiro. 

Deste xeito, Galicia enriquecerá coa súa experiencia os debates que se realicen neste foro no que se expón un estudo realizado polo Comité das Rexións e pola Universidade de Birmingham.

Galicia fixo fincapé no impacto que un Brexit duro pode ter sobre o ámbito social e económico en relación co acceso pesqueiro ás augas británicas e malvinas. Neste sentido, aludiu á incerteza que pode carrexar este proceso para os buques de bandeira británica pero capital galego, destacando a importancia dos investimentos realizados neste campo. 

Ademais, sinaláronse as dificultades que suporá a adopción de novos sistemas de decisión en materia de xestión e ordenación pesqueira , especialmente na repartición de cotas no seo da Comisión de Pesqueiras do Atlántico Nororiental (NEAFC), tendo en conta que a reasignación de cotas para a frota británica foi unha das bandeiras nas que o sector prol-Brexit baseou a súa campaña. 

Galicia tamén destacou as posibles consecuencias que a saída do Reino Unido pode ter para a consecución de certos obxectivos da Política Común de Pesca, como son a redución dos descartes ou o Rendemento Máximo Sustentable. 

A Conferencia de Rexións Periféricas e Marítimas (CRPM), dentro da cal Galicia lidera un grupo de traballo sobre o impacto do Brexit nas rexións atlánticas, tamén participa neste encontro. Outras rexións de Alemaña, Romanía e Suecia, e representantes do sector privado, como as entidades bancarias ING, KBC ou o Porto de Zeebrugge (Bélxica), participaron igualmente no encontro. 

Accións da Xunta
Cabe lembrar que a Xunta de Galicia participa activamente en diversos foros desde que se anunciou a saída do Reino Unido da UE. Neste sentido, desde a Xunta traballouse na avaliación do posible impacto na economía pesqueira. Por iso, axiña que se coñeceu que o Reino Unido quería saír da Unión Europea, a Consellería do Mar encargou un informe ao Instituto Universitario de Estudos Europeos Salvador de Madariaga da Universidade da Coruña, para avaliar as consecuencias do Brexit para a pesca galega. 

Tamén se solicitou outro informe á profesora de Economía Aplicada e experta en Economía Pesqueira da Universidade de Santiago, María do Carme García Negro, para analizar aspectos do campo económico como o posible impacto por cesamento da pesqueira e de acceso ás augas, principalmente dos buques que faenan en augas británicas e malvinas. 

En novembro do ano pasado o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, participou nun seminario da CRPM en Cardiff no que se avaliou tamén o impacto que terá nas comunidades da Europa periférica e marítima, como Galicia, a saída do Reino Unido da Unión Europea. Naquel encontro asinouse a Declaración de Cardiff, un documento aprobado pola Asemblea Xeral da CRPM que recolle o posicionamento e as reivindicacións destas rexións ante o Brexit.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante