Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

07/02/2018

As rexións atlánticas fan balance do estado das negociacións do Brexit

4219F_1519997930_18_02_07_Task_Force_Brexit.jpg Ver máis...
Bruxelas, 7 de febreiro de 2018. O grupo de traballo que analiza as posibles consecuencias da saída do Reino Unido da UE nas rexións atlánticas reuniuse hoxe na oficina de País do Loira en Bruxelas. Este grupo, creado hai un ano no seo da Comisión do Arco Atlántico da Conferencia de Rexións Periféricas e Marítimas, está liderado por Galicia. O ano pasado elaborou unha declaración política que defende, entre outras cousas, o mantemento dun programa transnacional de cooperación territorial que inclúa as rexións británicas e a creación dun mecanismo financeiro específico para compensar o impacto rexional do Brexit a nivel rexional ou sectorial. 

Durante esta primeira reunión do ano, presidida pola directora da oficina da FGE en Bruxelas, Ana Ramos, expuxéronse os últimos avances na negociación  entre a UE e Reino Unido. Fíxose especial referencia á reunión que mantivo o presidente da Comisión do Arco Atlántico o 29 de xaneiro co negociador xefe da Comisión Europea, Michel Barnier,  para facerlle chegar as inquietudes destas rexións polo impacto do Brexit en ámbitos como a pesca, o turismo e os transportes. 

O grupo continuará a compilar diferentes estudos de impacto nas rexións, como o que expuxo durante a reunión unha representante dos comités económicos e sociais das rexións atlánticas francesas.  


Imaxes relacionadas


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante