Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

22/02/2018

A FGE explica en Bruxelas como se están a investir os fondos estruturais para facer fronte ao cambio demográfico en Gallicia

4218F_1519992501_Reducida.jpg Ver máis...

Bruxelas, 22 de febreiro de 208. A FGE participou hoxe na primeira reunión do ano da Rede de Rexións afectadas polo Cambio Demográfico (DCRN) que tiña  por tema de debate a definición da política rexional despois de 2020. Convocados polas oficinas de Castela e León e Saxonia Anhalt en Bruxelas, asistiron a esta reunión unha vintena de representantes de varias rexións europeas, nomeadamente alemás e españolas. 

Como invitados, interviñeron o xefe da Sección de Análise Económica da Dirección Xeral de Política Rexional da Comisión Europea, Lewis Dijkstra, e o director de traballos lexislativos do Comité Europeo das Rexións, Thomas Wobben. Ambos aludiron ao estado actual das negociacións do orzamento comunitario a partir de 2020, que arroxan grandes dúbidas sobre o volume financeiro da futura política rexional, e aos elementos que se barallan para a definición dos futuros regulamentos dos fondos estruturais en relación coas dinámicas de poboación.

Por parte das rexións participantes, dúas presentaron exemplos de como se están a investir os actuais fondos comunitarios para facer fronte ao cambio demográfico. 

A Fundación Galicia Europa, en representación da Xunta de Galicia, explicou como o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) está a financiar as chamadas “casas nido” nas áreas rurais, a apertura de escolas infantís en parques empresariais e a implantación de fogares intelixentes, entre outras accións. Pola súa parte, o Fondo Social Europeo (FSE) axuda a pór en marcha un gran número de medidas para facilitar a conciliación entra a vida laboral e familiar, como un sistema de axudas para os pais e nais que reducen a súa xornada laboral para coidar dos nenos. Por último, a FGE expuxo as conclusións do proxecto Symbios, financiado con FSE no período anterior, que explica a espiral negativa que implica a perda de poboación nos territorios e define o concepto de exclusión territorial. 

A oficina do land Saxonia Anhalt, pola súa parte, explicou como se está a implantar un Centro de Excelencia de Innvoación Social con fondos estruturais, co que se pretende dar resposta ao envellecemento e diminución da poboación nesa rexión alemá. 




Imaxes relacionadas


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante