Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

23/01/2018

A Xunta destaca a afinidade cos diversos sectores do mar da UE sobre o futuro do fondo de financiamento pesqueiro

4207F_1516726794_18_01_23_Consulta_coas_partes_interesadas.jpg
  • Galicia e os representantes do sector coinciden na necesidade da continuidade do fondo vinculado ao sector pesqueiro, á súa cadea de transformación e tamén ao sector da acuicultura
  • A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou hoxe en Bruxelas no debate cos axentes interesados en materia de pesca da Unión Europea e os membros do Parlamento Europeo sobre a presentación do documento de traballo do ditame FEMP máis alo de 2020 
  • A simplificación administrativa é outro aspecto proposto polo sector para o futuro fondo de financiamento que vai en liña co que defende Galicia 
Bruxelas, 23 de xaneiro de 2018. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou hoxe en Bruxelas no debate cos axentes interesados en materia de pesca da Unión Europea e os membros do Parlamento Europeo sobre a presentación do documento de traballo do ditame FEMP máis aló de 2020 - Investir nas comunidades costeiras europeas. Alí destacou a afinidade cos representantes dos distintos sectores do mar participantes en relación cos aspectos clave que defende Galicia sobre o futuro do fondo de financiamento pesqueiro.

A conselleira describiu a xuntanza como “moi satisfactoria e gratificante” e destacou a coincidencia das aportacións do sector en obxectivos clave que defende Galicia para o ditame sobre esta ferramenta de financiamento. Entre eles, explicou, a necesidade da continuidade do fondo vinculado ao sector pesqueiro e á súa cadea de transformación, así como ao sector da acuicultura.

Outro aspecto das achegas realizadas, que vai en liña co que defende Galicia e que destacou a conselleira, é a necesidade da simplificación administrativa. Neste sentido, Rosa Quintana explicou que se está traballando conxuntamente para propoñer fórmulas, exemplos e argumentos que axuden a esa simplificación no futuro regulamento. Unhas fórmulas, especificou, que á súa vez permitan facer un control para a boa xestión dos fondos.

En relación coas prioridades de cara a esta futura ferramenta, a conselleira indicou que tanto Galicia como os representantes dos sectores do mar en Europa coinciden na necesidade do relevo xeneracional, baseando o apoio dos fondos a aspectos como a mellora da calidade de vida a bordo dos buques pesqueiros.

Rosa Quintana sinalou que Galicia terá en conta estas aportacións no ditame que se está a elaborar, un labor que lidera Galicia por encargo da comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións (CdR). Con estas aportacións, engadiu Rosa Quintana, “espero que entre todos sexamos capaces de mellorar a execución dos fondos estruturais e de investimento europeos”.

Na xuntanza de hoxe a conselleira estivo acompañada polo director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, e pola directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante