Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

11/01/2018

Galicia súmase á Alianza polo futuro da Política de Cohesión

4201F_1515691649_4149F_1509358700_Cohesion_Alliance.png
  • Únese a esta iniciativa do Comité Europeo das Rexións neste ano 2018, no que se iniciarán as negociacións para definir o orzamento da UE despois de 2020
  • A nosa Comunidade recibe 2.810 M € en concepto de fondos FEDER e FSE, que van integramente destinados ao cumprimento da Estratexia Europa 2020

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2018. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asinou hoxe a adhesión ao documento ‘Alianza pola Cohesión’, unha iniciativa que pretende que a política de cohesión continúe a ser un piar no orzamento da UE.

Deste modo, Galicia únese a unha iniciativa do Comité Europeo das Rexións (CdR) neste ano 2018, no que se iniciarán as negociacións para definir o orzamento da UE a partir de 2020, defendendo a importancia dunha política de cohesión que chegue a todas as rexións europeas. 

No período actual, Galicia recibe 2.810 M€ en concepto de fondos FEDER e FSE, que van integramente destinados ao cumprimento da Estratexia Europa 2020, cuxos obxectivos foron trasladados ao Plan estratéxico de Galicia 2015-2020.

Nun momento no que xorden novas prioridades, como a defensa, a seguridade, o control fronteirizo e o impacto do brexit sobre o orzamento da UE, é preciso salientar a eficacia que a política de cohesión tivo nos últimos anos. 

Máis información

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante