Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

11/01/2018

A Xunta defende en Bruxelas a acuicultura como sector clave da economía azul

Jesús Gamallo durante a súa intervención Ver máis...
  • O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe nunha audiencia pública sobre acuicultura organizada no Parlamento Europeo 
  • A Eurocámara está elaborando un informe de propia iniciativa sobre os desafíos deste sector, dous anos despois de que Comité Europeo das Rexións emitise un ditame sobre esta mesma materia liderado por Galicia

Bruxelas, 11 de xaneiro de 2018. O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, interveu hoxe nunha audiencia pública organizada no Parlamento Europeo para lembrar as recomendacións do ditame “O futuro da acuicultura europea”, do que foi relator en 2015 no seo do Comité Europeo das Rexións.

Este ditame identificaba os obstáculos que dificultan o bo desenvolvemento deste sector, recomendando posibles solucións dende o punto de vista das rexións e municipios, administracións nas que adoita recaer a regulación e autorización destas actividades. O Parlamento Europeo recolle agora o guante arroxado pola asemblea da UE de representantes rexionais e locais e está a elaborar un informe sobre a situación actual e os retos futuros do sector acuícola europeo.

Durante esta audiencia, celebrada antes da elaboración do informe por parte do eurodeputado español Carlos Iturgaiz, participaron ademais representantes da Dirección Xeral de Asuntos Marítimos da Comisión Europea, das principais asociacións europeas de produtores e das ONG medioambientais.

Entre as medidas que destacou Jesús Gamallo para favorecer o bo desenvolvemento do sector acuícola, destaca a simplificación dos procedementos administrativos e do acceso ao espazo, a importancia de apoiar a innovación para explotar o potencial deste sector ou a necesidade de promover os mercados locais, entre outras.

A acuicultura na UE
Actualmente, estase vivindo un estancamento do sector da acuicultura, malia constituír un complemento importante aos alimentos que ofrece a pesca extractiva. Para a UE, este sector ten un gran potencial debido ao perfil innovador das empresas, á capacidade de absorción dos seus produtos e á capacidade de creación de emprego. Actualmente, conta con máis de 14.000 empresas e dá emprego a máis de 80.000 persoas. En Galicia prodúcese o 14% do total de peixes e mariscos criados na UE.
Europa importa ata un 70% do peixe que consume. Gran parte dese peixe provén da produción acuícola, polo que supón en ocasións interrogantes en cuanto a súa sustentabilidade medioambiental e o cumprimento da normativa pesqueira ou dos dereitos dos traballadores. Fronte a isto, os produtores acuícolas europeos destacan pola súa especialización e por aportar un valor engadido tecnolóxico.

Sen embargo, a produción acuícola en Europa segue a soportar numerosos obstáculos que dificultan o seu crecemento como industria, motivo polo cal a Comisión Europea a sitúa como un dos cinco sectores principais da súa estratexia de economía marítima ou crecemento azul xunto coa enerxía renovable, a bioteconoloxía, o turismo costeiro e os recursos minerais.

Imaxes relacionadas


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante