Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

06/12/2017

A Xunta participa nunha nova reunión entre o Goberno central e as comunidades autónomas para facer seguimento do Brexit

Logo da Xunta de Galicia. © Xunta de Galicia

  • O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou este luns nesta terceira reunión monográfica, que estivo presidida pola vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría

Bruxelas, 6 de decembro de 2017O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe en Madrid -en representación do Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda- na 58ª reunión do Pleno da Conferencia para Asuntos Relacionadas coa Unión Europea (CARUE).

O encontro, que estivo presidido pola vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, tivo como obxectivo analizar o impacto do Brexit, traballar para fixar prioridades comúns á hora de afrontar a saída do Reino Unido da Unión Europea, e manter ao día a información que reciben as comunidades autónomas sobre a evolución das negociacións. Trátase da terceira reunión monográfica sobre o Brexit que manteñen o Goberno central e as comunidades autónomas.

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, expuxo as diferentes contribucións e análises que se están a facer en Galicia sobre o posible impacto do Brexit, incluíndo a participación do presidente da Xunta na Conferencia de Rexións Periféricas e Marítimas (CRPM) sobre o impacto do Brexit que tivo lugar o pasado mes de novembro en Gales. Nesta reunión, asinouse unha Declaración aprobada pola Asemblea Xeral da CRPM e que recolle o posicionamento e as reivindicacións das rexións que a integran.

No ámbito económico, hai que lembrar que Galicia foi a primeira rexión en encargar un informe específico para avaliar os efectos do Brexit no sector pesqueiro e que a nosa Comunidade foi a primeira rexión europea que asinou unha declaración de apoio ás comunidades pesqueiras ante o Brexit no mes de outubro.

Galicia está a ter un papel activo a nivel europeo á hora de defender os seus intereses durante as negociacións entre a Unión Europea e o Reino Unido e ante o novo escenario que se abrirá cando estas rematen.

Fonte: Xunta de Galicia


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante