Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

24/11/2017

Galicia participa no debate sobre a avaliación da Axenda Europea de Migración

Jesús Gamallo cos estudantes que visitaron o CdR. © Fundación Galicia Europa Ver máis...
  • A Comisión CIVEX do Comité das Rexións intercambiou impresións sobre a avaliación intermedia da Axenda Europea de Migración, na que a Comisión Europea propón asegurar a reubicación dos refuxiados
  • O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo, foi o representante da nosa comunidade neste debate, onde subliñou a necesidade de que se cumpran as decisións do Consello en materia de reubicación y reasentamento
  • Jesús Gamallo, en tanto que portavoz en CIVEX, deu ademais a benvida a un grupo de estudantes de posgrado de 19 Estados membros que visitaba o Comité

Bruxelas, 24 de novembro de 2017. A comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX) do Comité Europeo das Rexións (CdR) intercambiou hoxe opinións sobre a avaliación intermedia que as institucións comunitarias están a realizar sobre a Axenda Europea de Migración. Os líderes locais e rexionais insistiron na importancia de establecer un Marco común Europeo de Migración e Asilo político, que avance en 2018 na reforma do actual Sistema de Dublín. Galicia estivo representada neste debate polo director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo.

Durante a sesión de CIVEX, a última das cinco reunións celebradas este ano, debateuse tamén sobre como mellorar a Iniciativa Cidadán Europea, unha medida incorporada pola UE en 2012 para permitir que os cidadáns presenten as súas propostas lexislativas á Comisión Europea. Nesta reunión presentouse tamén o borrador do programa de traballo para 2018 da Rede de Seguimento da Subsidiariedade do CdR, que inclúe as iniciativas que se van revisar nesta rede.

 

Axenda Europea de Migración

No marco da avaliación intermedia da Axenda Europea de Migración, a Comisión Europea propón asegurar a reubicación dos refuxiados de Italia e Grecia, prover asistencia financeira aos Estados membros, avanzar na reforma do Sistema Europeo Común de Asilo e o Regulamento de Dublín, e deseñar una nova estratexia de reasentamento, principalmente a través da creación de corredores humanitarios. Gamallo salientou a importancia de que a Unión estableza un Marco común de Migración e Asilo, para o que é imprescindible que todos os Estados cumpran as decisións do Consello sobre reubicación e reasentamento.

O CdR coincide no diagnóstico e destaca a necesidade de que a UE continúe esforzándose en establecer un Marco Común Europeo de Migración e Asilo político, así como de concentrar os esforzos nunha serie de áreas de accións. Neste sentido, os líderes locais e rexionais salientan a prestación de axuda aos Estados membros que se atopan en situacións urxentes debido ao aumento de fluxos de refuxiados, a reducción de incentivos para a migración irregular ou a xestión integral dos migrantes na sociedade. Ademais, en liña coa previsión da Comisión Europea para o ano próximo, o Comité espera que se adopten resultados concretos na reforma do Sistema de Dublín.

 

Rede de Seguimento da Subsidiariedade do CdR

Na reunión de CIVEX presentouse tamén o primeiro programa de traballo para 2018 da Rede da Subsidiariedade do CdR. Nel, o Comité propón someter a exame cinco iniciativas comunitarias do ano que vén: implementación do plan de acción de economía circular, o paquete de xustiza social, o Marco Financeiro Plurianual, a protección civil na UE e a complementación da Unión Económica e Monetaria. Trátase dunha lista provisional e flexíbel de lexislación europea que será revisada desde o punto de vista da subsidiariedade polo CdR. Este análise é fundamental para coñecer a boa implementación da política europea a nivel rexional ata 2019.

 

 

 

A Comisión CIVEX do Comité Europeo das Rexións

Neste mandato, Galicia participa en dúas comisións do Comité das Rexións (CdR). Unha delas é a de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX), que traballa en asuntos como asuntos exteriores e desenvolvemento sustentable. Jesús Gamallo é coordinador nesta comisión, polo que foi o encargado hoxe de dar a benvida a un grupo de estudantes de posgrao de 19 Estados membros que están a visitar o CdR estes días.

O Comité das Rexións é a asemblea consultiva na que están representados os entes locais e rexionais da Unión Europea. En representación da Comunidade Autónoma de Galicia, o membro titular é o propio presidente da Xunta de Galicia, mentres que o cargo de membro suplente recae no director xeral de Relacións Exteriores e coa UE.


Imaxes relacionadas


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante