Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

27/09/2017

A Xunta preside un debate no Parlamento Europeo sobre medidas para combater o cambio demográfico nas rexións da UE

Jesús Gamallo dirixe o debate sobre demografía no Parlamento Europeo. © Fundación Galicia Europa Ver máis...
  • O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo, participou como moderador nunha conferencia da Eurocámara sobre o rol da demografía na futura política de cohesión
  • Representantes locais e rexionais, membros da Comisión Europea, eurodeputados e académicos debateron sobre un dos principais desafíos da UE
  • Os participantes intercambiaron opinións sobre a súa experiencia en minimizar os efectos do cambio demográfico, así como a necesidade de implementar un Plan Integral europeo en esta materia

Bruxelas, 27 de setembro de 2017. O Parlamento Europeo organizou hoxe unha conferencia en Bruxelas para discutir a necesidade de que a demografía sexa incluída como un criterio da futura política de cohesión. O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo, participou como moderador deste evento, en tanto que representante dunha comunidade comprometida con este problema.

O acto do Parlamento Europeo constou de dúas partes. A primeira consistiu nun intercambio de iniciativas entre rexións europeas afectadas polos desafíos demográficos. Nela, representantes de Castela e León, a rexión alemá de Saxonia-Anhalt e a rexión polaca de Opole expuxeron as medidas contra o despoboamento que se están a desenvolver nos seus territorios. Na segunda parte do evento, membros da Comisión, eurodeputados e académicos debateron sobre a política de cohesión post-2020, así como o papel que esta debe desempeñar para loita contra o cambio demográfico.

 

Posición das rexións europeas ante o cambio demográfico

O cambio demográfico constitúe un importante desafío aos que se enfronta a Unión Europea. Por iso, o órgano que representa ás rexións europeas, o Comité Europeo das Rexións (CdR), recoñece en diversos documentos que as taxas de natalidade e a diminución da poboación nova en toda Europa constitúen serias ameazas. A diminución substancial dos nacementos e un aumento xeral da esperanza de vida fan que se poidan esperar importantes modificacións da estrutura por idades da poboación europea. Esta situación fai que sexa imprescindible investir, en todos os niveis de goberno, no futuro do capital humano europeo para facer fronte ás consecuencias prexudiciais dos desafíos demográficos para as próximas décadas.

O CdR pide, así, á Unión Europea que responda de forma ampla, coordinada e integrada ás preocupacións demográficas e, por tanto, demanda unha estratexia europea para satisfacer as necesidades das familias, abarcando os principais ámbitos políticos da UE como cohesión, innovación, saúde, emprego, desenvolvemento rural, medio ambiente e migración. Neste contexto, enmárcase o ditame sobre política de cohesión que aprobou o Comité o pasado mes de maio, contando co alemán Michael Schneider -tamén participante na conferencia de hoxe no Parlamento Europeo- como relator. Este texto sinala a importancia de que a demografía constitúa un criterio fundamental na repartición económica dos fondos da política de cohesión despois de 2020.

 

Compromiso de Galicia en Europa fronte ao cambio demográfico

Galicia é unha rexión especialmente afectada polo envellecemento e o despoboamento que supón o cambio demográfico. Por iso, ademais das medidas directas como o Programa de apoio á natalidade (PAN), a Xunta de Galicia defende en Bruxelas que a demografía sexa tida en conta como un elemento salientable no futuro de Europa. A nosa comunidade intervén activamente en diferentes redes e foros a nivel nacional e europeo, como a Macrorrexión de Rexións do Suroeste Europeo (RESOE) e a Rede Europea de Rexións afectadas polo Cambio Demográfico (DCRN).

Neste contexto enmárcase tamén o seminario organizado hai un ano sobre este tema polo Servizo de Investigación do Parlamento Europeo e a Fundación Galicia Europa, no que participou o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, así como a conferencia de hoxe na que Galicia interveu como moderadora. A nosa comunidade, a través do seu representante europeo Jesús Gamallo, tenta tamén que a cuestión demográfica sexa tida en conta na elaboración de todos os documentos de opinión do CdR.


Imaxes relacionadas


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante