Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

17/07/2017

Galicia pídelle á Comisión Europea que axilice as xestións do ´Crecemento Azul´ do Porto de Vigo

Imaxe da reunión de representantes do Porto de Vigo coa DGMare da Comisión Europea. © Autoridade Portuaria de Vigo
  • A Comisión recoñece certo atraso polo innovador do proxecto galego
  • A Comisión Europea valora moi positivamente a aposta do Porto de Vigo no crecemento sustentable
  • Vigo é o primeiro porto de Europa que está a implementar o chamado Crecemento Azul co que se porán en marcha máis de cen proxectos innovadores

Bruxelas, 17 de xullo de 2017. A Xunta e a Autoridade Portuaria de Vigo peidoulle o pasado 11 de xullo á Comisión Europea que axilice a tramitación da canalización de fondos destinados ao proxecto Crecemento Azul de sustentabilidade que está en marcha no porto de Vigo. En Bruxelas aceptan a petición e recoñecen certo atraso polo innovador do proxecto galego.

A Comisión Europea valora moi positivamente a aposta do Porto de Vigo polo crecemento sustentable. O galego é o primeiro porto de Europa que está a implementar o chamado Crecemento Azul co que se porán en marcha máis de cen proxectos innovadores que, entre outras cousas, buscarán reducir nun trinta por cento a dependencia económica do porto. O presidente da Autoridade Portuaria e a directora xeral de Pesca pídenlle ás institucións comunitaria máis axilidade nas xestións e solicitan tamén unha liña de traballo máis nítida.

”Cando un é un pioneiro atopa máis problemas que da outra forma. Cando un ten o camiño aberto e está trillado é máis fácil facelo” comentaba desde Bruxelas, a directora xeral de Pesca, Mercedes Rodríguez. ”Necesitamos complementarnos con accións desde a propia Comisión. En certos aspectos temos ido nós máis rápido que a propia Comisión”, dicía o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, tamén de visita na capital comunitaria.

A Comisión Europea comprométese a atender as demandas do Goberno galego para avanzar canto antes na implementación definitiva do Crecemento Azul que, segundo os plans, suporá investimentos por valor de máis de douscentos millóns de euros.

Fonte: CRTVG


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante