Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

15/05/2017

Galicia logra incluír a cuestión demográfica no futuro da política de cohesión

Gamallo durante a súa intervención na reunión de grupo político polo pleno do CdR. © Fundación Galicia Europa
  • O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo, participou no pleno do Comité das Rexións, no que tamén interveu Antonio Tajani, presidente do Parlamento Europeo
  • O Comité aprobou un ditame que recolle a proposta de Galicia dunha política de cohesión que teña moi en conta a situación demográfica das rexións
  • Os entes locais e rexionais reclamaron tamén unha nova etapa europea no ámbito marítimo, da man dunha revisión da política de crecemento azul

Bruxelas, 15 de maio de 2017. O Comité Europeo das Rexións (CdR) manifestou a pasada semana en pleno o seu completo apoio a unha política de cohesión que teña en conta o reto demográfico, tras aprobar unha emenda de Galicia que reclamaba a inclusión deste punto no futuro da cohesión no período posterior a 2020. Esta proposta enmárcase na aprobación dun ditame baixo o título “O futuro da política de cohesión despois de 2020”. O texto es considerado prioritario por parte da Comisión Europa para definir a nova política de cohesión, por iso é polo que a proposta galega cobra especial importancia, máis nunha sesión que contou coa participación de Antonio Tajani, presidente do Parlamento Europeo, e de Jyrki Katainen, comisario de Emprego, Crecemento, Investimento e Competitividade. Tajani subliñou a necesidade de que o orzamento europeo se encontre a disposición das necesidades dos cidadáns, mentres que Katainen invitou ás autoridades rexionais a debater sobre o futuro de Europa, á vez que mostrouse aberto ás propostas do CdR. Nesta sesión, celebrada nas instalacións do Parlamento Europeo, aprobouse tamén outro ditame de interese para a nosa comunidade, relativo á necesidade de poñer en marcha unha nova etapa do crecemento azul.

Galicia estivo presente no pleno a través de Jesús Gamallo, director xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia, que introduzo tres emendas ao texto sobre cohesión, baixo a convicción de que a UE debe seguir contribuíndo ao desenvolvemento rexional. Gamallo foi ademais confirmado como coordinador da comisión CIVEX (Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores) no CdR para o período 2017-2020. No marco desta comisión, a delegación española do CdR levará á conferencia de asuntos europeos de España un texto sobre as consecuencias do Brexit, que inclúe a cuestión pesqueira a petición de Galicia. A nosa comunidade reclama que o libre acceso aos caladoiros británicos vaia unido á negociación comercial.

 

Futuro da política de cohesión

O CdR sinala no seu ditame que a política de reforzo sobre a cohesión económica, social e territorial é unha das máis importantes e amplas da Unión, xa que crea as condicións para unha competencia xusta entre rexións no territorio europeo, contribuíndo a asegurar os postos de traballo existentes e a crear novos mediante o investimento estratéxico en innovación. O texto, elaborado polo alemán Michael Schneider, considera que a estrutura básica da política de cohesión resultou ser efectiva coas súas tres categorías xeográficas- rexións máis desenvolvidas, rexións de transición e rexións menos desenvolvidas- e, por tanto, deberían manterse, por ser concreta e á vez suficientemente flexible para incluír novos retos, instrumentos e indicadores. Neste sentido, os efectos meramente estatísticos como os que poden darse pola saída de Reino Unido da Unión non deberían dar lugar a que ningunha das rexións perdese a súa clasificación actual.

Para o post-2020 Galicia pide que o proceso de programación se realice de forma máis áxil, para non pospoñer o inicio efectivo da execución tal e como sucedeu no actual período. As emendas galegas poñen ademais o acento en que o reto demográfico é un dos principais aspectos que está afectando á UE, polo que reclama á Comisión Europea que teña especialmente en conta a situación demográfica das rexións á hora de determinar os obxectivos e recursos da futura política de cohesión.

 

Nova etapa do crecemento azul

Pola súa banda, os entes locais e rexionais pediron á UE que o mar sexa obxecto dunha auténtica política a través dun enfoque amplo e incisivo en todos os sectores, compartida non soamente polos estados senón tamén polos entes locais e rexionais. Esta nova etapa da política marítima debería basearse nun coñecemento máis profundo do mar e o seu potencial. Non hai que esquecer que Europa é a primeira potencia marítima mundial e o seguirá séndoo tras o Brexit.

Entre as propostas destaca crear plataformas rexionais ou interrexionais na economía azul, que servirán para localizar proxectos, apoiar a súa realización e mobilizar instrumentos financeiros locais dirixidos ás rexións, os Estados e a UE. Todos estes entes poderían, xunto a socios privados, financiar o seu funcionamento de forma conxunta. Ademais, sería necesario incluír no programa Horizonte 2020 e no futuro programa marco unha estratexia europea de coñecemento da biodiversidade mariña.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante