Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

11/05/2017

Mar destaca o traballo conxunto de Galicia e Europa no control pesqueiro e na defensa dos intereses pesqueiros ante o Brexit

A directora do Intecmar subliñou os esforzos para defender os intereses galegos ante o Brexit. © Xunta de Galicia

Bruxelas, 11 de maio de 2017. A directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar), Covadonga Salgado, destacou hoxe en Vigo o traballo conxunto de Galicia e Europa ante retos como a inspección da actividade pesqueira e o proceso de saída de Reino Unido da Unión Europea. Foi durante o acto de celebración do Día de Europa da Axencia Europea de Control da Pesca.

A directora do Intecmar lembrou que dende o 2009 a Consellería do Mar concentra esforzos na loita contra o furtivismo, reforzando a actividade inspectora a través do Servizo de Gardacostas. Tamén lembrou o reforzo da regulación nesta materia coa tipificación do furtivismo como delito na reforma do Código Penal.

En relación ao Brexit, Covadonga Salgado sinalou que o cometido da Xunta será “participar activamente no seguimento de todo o proceso, prepapar os argumentos de Galicia e buscar as vías necesarias para facer que a pesca sexa unha cuestión máis que relevante nos comités de traballo que plasmen o posible acordo entre a Unión Europea e o Reino Unido”. Neste sentido, apelou a aproveitar esta ocasión e a convertela en oportunidade.

En canto ás institucións europeas situadas no Reino Unido, a directora do Intecmar sinalou que Galicia estará vixiante sobre o seu futuro e subliñou a importancia do Laboratorio Comunitario de Referencia para o seguimento dos contaminantes virais e bacteriolóxicos dos moluscos bivalvos, que desenvolve unhas funcións transcendentais na comercialización destes produtos no mercado interior.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante