Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

14/09/2011

Galicia participa na Semana Europea das Rexións e das Cidades - Open Days 2011

Bruxelas, 14 de setembro de 2014. Galicia terá unha participación destacada na novena edición da Semana Europea das Rexións e das Cidades 2011 (tamén coñecida como Open Days) que terá lugar entre os próximos días 10 e 13 de outubro en Bruxelas. Este evento congrega anualmente a 6000 participantes arredor de 100 sesións de traballo co obxectivo de debater sobre o futuro da Política de Cohesión europea e intercambiar boas prácticas en materia de desenvolvemento rexional. Ademais, fóra de Bruxelas celébranse 220 actos locais en toda Europa baixo o lema “Europa na miña rexión/cidade”. O primeiro deles tivo lugar na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal a principios de xullo, coa celebración de tres seminarios sobre cooperación transfronteiriza en Vigo, Braga e Porto.

Na organización deste evento colaboran o Comité das Rexións, a Dirección Xeral de Política Rexional (DG REGIO) da Comisión Europea, o Parlamento Europeo, empresas, institucións financeiras, asociacións europeas e 206 rexións e cidades, entre as que se atopa Galicia, a través da oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas.

Baixo o lema ‘Investir no futuro de Europa: a achega das rexións e as cidades ao crecemento intelixente, sostible e integrador’, esta edición celébrase nun momento crucial do debate sobre o futuro dos fondos estruturais, pois a Comisión Europea prevé publicar a proposta dos novos regulamentos a semana previa. Os principais temas de debate céntranse, en primeiro lugar, na relación entre a Estratexia Europa 2020 e a Política de Cohesión, en segundo lugar en cómo mellorar a eficacia e os resultados da execución destes fondos e, por último, na importancia da cooperación territorial.

Galicia ten unha participación destacada neste evento ao acoller e organizar na sede da Fundación Galicia Europa dous encontros e participar activamente noutros tres:

  • Luns, 10 de outubro, ás 15h no Parlamento Europeo. Sesión de apertura dos Open Days (10E01). Intervirá un membro da Xunta de Galicia para defender a axuda transitoria para as rexións que, como Galicia, abandonarán por primeira vez o Obxectivo Converxencia. No debate estarán presentes o comisario de Política Rexional, Johannes Hahn, a presidenta da Comisión de Política Rexional do Parlamento Europeo, Danuta Hubner, e a presidenta do Comité das Rexións, Mercedes Bresso.Tamén se espera contar cos discursos inaugurais do presidente do Parlamento Europeo, Jerzey Buzek, do primeiro ministro polaco que ostenta a Presidencia de turno da UE, Donald Tusk, e do presidente da Comisión Europea, Jose Manuel Durao Barroso.
  • Martes, 11 de outubro. Ás 9h na carpa oficial dos Open Days. Presentación do proxecto “Ecoinnova” (11A04), liderado polo Concello de Ourense e participado pola FGE. En total presentaranse 16 proxectos desenvolvidos en toda Europa como exemplo de boas prácticas cofinanciadas pola Política Rexional.
  • Miércoles, 12 de outubro

Ás 11h15, no Comité das Rexións. Presentación do portal de cooperación descentralizada (12B16). Participación do director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo en tanto que relator do ditame do CdR sobre o futuro da cooperación ao desenvolvemento.

Ás 14h30, na Fundación Galicia Europa. Seminario ‘A Administración Pública a prol do patrimonio cultural e histórico e do desenvolvemento sostible’ (12B23), no que participa a Deputación de Ourense xunto con outras 9 rexións europeas para abordar a cooperación interrexional no eido cultural.

  • Xoves, 13 de outubro, ás 11h15, na Fundación Galicia Europa. Seminario sobre o futuro das rexións que saen por primeira vez do Obxectivo Converxencia (13C15), organizado por un consorcio de rexións liderado por Galicia. Tras as palabras de benvida do director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, seguirán as intervencións do xefe de gabinete adxunto do comisario de Política Rexional, Nicola de Michelis, o eurodeputado relator do ditame sobre o futuro da Política rexional, o alemán Markus Pieper, e a conselleira de Orzamento da Representación Permanente de España ante a UE, Pilar Sáenz de Ormijana. Para alimentar o debate, exporanse os diferentes casos das rexións que conforman o consorcio: Andalucía, Castilla La-Mancha, Galicia, o lander alemán de Saxonia, a rexión checa de Bohemia Central, Eslovenia oeste e o condado inglés de Cornualles.

Toda a información sobre Open Days aquí



>

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante