Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

02/07/2018

Conde aposta por reforzar o proxecto común europeo coa participación dos máis novos

Un Café con Europa en Monforte de Lemos.jpg Ver máis... Monforte de Lemos (Lugo), 02 de xullo de 2018. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, apostou hoxe en Monforte, durante a súa participación na iniciativa Café con Europa, organizada pola Comisión Europea, por reforzar o proxecto común europeo coa participación de toda a sociedade, e especialmente dos máis novos. 

Neste sentido, o conselleiro sinalou que Europa está nun proceso continuo de transformación do que todos poden facer parte, facendo fincapé en que a Unión Europea non só é Bruxelas ou Estrasburgo, senón que Monforte de Lemos ou Ferreira de Pantón tamén o son, non só polas axudas que permiten impulsar a innovación na agricultura ou na industria, senón porque a Unión Europea é un garante de progreso e liberdade.

O debate
O debate Futuro de Europa está enmarcado na campaña da Comisión Europea Fala de Europa na túa cidade. Desta campaña tamén forma parte a iniciativa Café con Europa, un espazo de conversa sobre Europa dedicado á xuventude que tamén se celebrou esta mañá en Ribeira e no que tamén participou a conselleira do Mar. Café con Europa inclúe a visita por 30 localidades españolas co obxectivo de dar a coñecer as liñas de traballo que se desenvolven desde a Unión Europea e como estas afectan á vida dos cidadáns.

Imaxes relacionadas


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante