Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

07/06/2021

Aberto o prazo para inscribirse nas xornadas empresariais da Eurocidade Chaves-Verín

5348F_1623065592_jornadas_Eurocidade.jpg
  • Pode rexistrarse nas xornadas accedendo á seguinte ligazón
Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2021. No marco do proxecto Eurocidade_2020, do que a Fundación Galicia Europa é socio, a  Eurociudade Chaves-Verín (AECT) organiza dúas misións empresariais e un seminario empresarial transfronteirizo en formato  on-line. As misións empresariais terán lugar os días 9 e 17 de xuño e o seminario empresarial o 15 de xuño. 

Esta actividade divídese en tres fases: unha fase inicial de informar e recoller información; unha segunda fase de formar nas tecnoloxías que máis interesen ao tecido empresarial e emprendedor do territorio; e unha terceira na que se axudará a crear iniciativas, desenvolver ideas e expor novos desafíos para novos tempos.

Contemplaranse catro salas simultáneas con diferentes temáticas, onde os empresarios deberán encadrarse en función das súas necesidades: márketing dixital (redes sociais); turismo 2.0; industria 4.0; e comercio electrónico.

Participa nestas xornadas inscribíndote a través da seguinte ligazón.

PROXECTO EUROCIDADE_2020

Aprobado ao amparo do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP), este proxecto ten como obxectivo consolidar a Eurocidade Chaves-Verín como ferramenta de integración europea e de desenvolvemento sustentable. Conta cun orzamento de 1,8 millóns de euros cofinanciados ao 75% por FEDER e cunha duración de catro anos (2016-2019). 

Son socios do proxecto a AECT Eurocidade Chaves-Verín, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, a Fundación Galicia Europa, o Instituto Portugués do Desporto e dá Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociacións Xuvenís Portuguesas (FNAJ), o Concello de Verín e a Cámara Municipal de Chaves.


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante