Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

27/05/2020

A mocidade galego-portuguesa continúa teletrabajando en favor da Eurocidade Chaves-Verín

4967F_1590580695_Eurocidade_2020.png
A formación a mozos da Eurocidade Chaves-Verín para a creación e redacción de proxectos europeos Erasmus+ e Corpo Europeo de Solidariedade continúa a súa actividade de traballo e reunións a pesar da actual crise sanitaria. 

Chaves-Verín, 27 de maio de 2020. Os propios alumnos decidiron traballar conxuntamente a través da páxina de Facebook «Formação ERASMUS+ Eurocidade Chaves-Verín», co fin de retomar os proxectos para as candidaturas Erasmus+. Tras a resposta unánime dos participantes, iniciáronse as actividades a través de Facebook (grupo privado) e videoconferencias. Así mesmo, realizáronse dous grupos formados por asociacións e mozos emprendedores (galegos e portugueses) para a preparación de dúas posibles candidaturas. 

Os proxectos deseñados, as actividades e accións formuladas foron tan apropiadas e enriquecedoras que se está estudando a posibilidade de continuar traballando para analizar a súa viabilidade futura nas actividades da propia Eurocidade.

A formación impartida tiña como núcleo o programa Erasmus+. Este programa permite achegar financiamento, experiencias, persoas e unha variedade de impactos sociais, que conforman o crecemento e a educación da comunidade. Así, a pesar dos momentos complicados que se están vivindo e do peche de fronteiras, a mocidade galego-portuguesa da Eurocidade Chaves-Verín permaneceu fiel ao propósito de creación dunha visión diferente na mocidade local, facéndoa máis activa, emprendedora e comprometida coa súa localidade, brindándolles desta maneira oportunidades para desenvolverse, participar, viaxar e crear un futuro sen ter que saír das súas comunidades. 

Esta formación encádrase no proxecto Eurocidade_2020, financiado polo programa Interreg V A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP) e cuxo obxectivo principal é a consolidación da Eurocidade Chaves-Verín como ferramenta de integración europea e de desenvolvemento sustentable. Ademais da creación e o impulso de ideas, proxectos, negocios, cooperación entre empresas, para así satisfacer a demanda da sociedade.

Antecedentes

En novembro de 2019, a Fundación Galicia Europa e a asociación portuguesa Inspira Juventude organizaron un curso para mozos da Eurocidade Chaves-Verín sobre «Creación e redacción de proxectos europeos Erasmus+ e Corpo Europeo de Solidariedade». Desta forma, proporcionábase aos mozos da zona as ferramentas necesarias para coñecer estes programas e ver que posibilidades de actuación podíanse acometer nunha contorna máis próxima.

Vídeo da formación

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante