Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

21/04/2020

A Eurociudade Chaves-Verín continúa o seu labor maila o peche de fronteiras

4914F_1588249080_5CP.png
Chaves-Verín, 21 de abril de 2020. O Proxecto Eurocidade_2020 prosegue a súa actividade de traballo e reunións malia que desde mediados do pasado mes de marzo están pechadas as fronteiras entre España e Portugal. 

Desta forma, no día 16 deste mes levouse a cabo a 5ª reunión do Comité de Pilotaxe do proxecto Eurocidade_2020, aprobado polo Programa de Cooperación Transfronteiriza INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, con cofinanciamento do FEDER. Na mesma tratáronse diversos asuntos relacionados coa execución das actividades, a planificación para este ano, así como a coordinación e a xestión financeira do proxecto. 

Esta reunión foi realizada por videoconferencia debido ás circunstancias actuais provocadas polo COVID- 19, e estivo coordinada polo Gabinete de Apoio Técnico da Eurocidade Chaves – Verín, AECT, contando coa presenza dos demais socios do proxecto: Fundación Galicia Europa ( FGE), Instituto Português do Desporto e Juventude I. P. ( IPDJ), Federação Nacional dás Associações Juvenis ( FNAJ), Municipio de Verín e Municipio de Chaves. 

Persoal da Fundación Galicia Europa continuará este mes de abril e maio con reunións periódicas (vía telemática) traballando en candidaturas para distintos programas europeos con mozos, asociacións e novos emprendedores da Eurociudad. 

Os socios do proxecto Eurocidad_2020 levan, desde que se aprobou o estado de Emerxencia en Portugal e en España, en modo teletraballo planificando a axenda e contando co resto dos técnicos no desenvolvemento de actividades para na medida das súas posibilidades tratar de manter o ritmo que estaba previsto no proxecto coa única alteración de que as actividades non conleven desprazamentos ou concentración de persoas. 

Son múltiples as tecnoloxías e ferramentas de comunicación para a coordinación de equipos humanos e planificación de actividades. Plataformas colaborativas, grupos de whatsapp ou videoconferencias, sirvan de exemplo como algunhas das ferramentas coas que o proxecto Eurociudad_2020 traballa e utiliza para o seu funcionamento.

O proxecto Eurociudad 2020, aprobado no 2016 conta cunha dotación orzamentaria de 1.775.405,15€ e ten prorrogada a súa execución ata o 31 de decembro de 2020. O proxecto céntrase nas seguintes actuacións: 
  • O reforzo da cooperación institucional entre Chaves e Verín apoiando aos actores locais a través de micro-iniciativas de colaboración entre ambos os países 
  • A Ampliación do espazo territorial de actuación da AECT coa incorporación da Comunidade Intermunicipal do Alto Támega e a Mancomunidade de Verín. 
  • A organización de ciclos de actividades de deporte, cultura e educación que permitan lograr unha eurociudad máis inclusiva e participativa. 
  • A coordinación da Rede de oficinas de turismo da Eurocidade. 
  • A colocación de elementos arquitectónicos de sinalización e benvida á Eurocidade, así como a edición de materiais informativos e de promoción do destino, campañas de comercialización no exterior. 
  • Apoio ás empresas e pemes do territorio para a promoción e comercialización de servizos turísticos, etc. 
  • A posta en marcha de novos servizos na tarxeta do Eurociudadano ampliados aos municipios limítrofes da Eurocidade. 
  • A definición do Plan Estratéxico urbano e integrado que permita definir as actuacións para desenvolver no territorio para os próximos 10 anos. 
  • Reforzar os servizos dispoñibles na sede da Eurocidade: Portelo Único, Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil, Local de Ensaios, sala de conferencias, Servizos Eures transfronteirizo, biblioteca local e a creación dunha oficina de información turística de fronteira. 

A Eurocidade Chaves-Verín, AECT ten como obxectivo promover a cooperación territorial entre os seus membros co fin de contribuír ao desenvolvemento e reforzar a cohesión económica e social dos respectivos territorios en distintos ámbitos concretos de actuación que se estenden, entre outros, aos campos da cultura, deporte, educación, entretemento, ordenación do territorio, patrimonio, protección civil, saúde, turismo, aproveitamento conxunto e protección do río Támega, do medio ambiente e dos recursos naturais. As súas actividades son coofinanciadas polo programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 con Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER).


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante