Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

18/01/2020

O programa´Iacobus´de mobilidade académica chegará este ano a 165 beneficiarios na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

O programa Iacobus de mobilidade académica beneficiará este ano a 165 persoas na zona da Eurorrexión. Fonte: © Xunta de Galicia 2020.jpg
  • A iniciativa facilita estadías de persoal das universidades, institucións de ensino superior e centro tecnolóxicos en Galicia e o Norte de Portugal.
  • O período de intercambio se estenderá do 1 de febreiro ata o 30 de xuño.
  • Na segunda edición do ‘Iacobus Papers’ se apoiarán un total de 48 publicacións científicas.
Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2020. A edición deste ano do programa Iacobus-Estadías de mobilidade académica na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal chegará a un total de 165 beneficiarios: 79 docentes, 20 persoal de administración e servizos, 53 investigadores doutorais e post-doutorais, 5 técnicos de I+D+i e xestores de innovación e 8 xestores de innovación.

Das 165 candidaturas seleccionadas, 63 proceden do norte de Portugal e 102 de Galicia. En concreto, se seleccionaron 22 proxectos da Universidade da Coruña; 33 da Universidade de Santiago de Compostela; 45 da Universidade de Vigo; 1 do CETMAR e 1 do CIS Madeira.

No norte de Portugal, se aprobaron 5 proxectos da Universidade de Porto, 9 da Universidade do Minho; 6 da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro; 1 da Universidade Católica; 11 do Instituto Politécnico (IP) do Porto; 4 do IP de Viana do Castelo; 14 do IP de Bragança; 2 do IP do Cávado e do Ave; 1 do Instituto de Ciencia e Innovación en Enxeñería Mecánica e Enxeñería Industrial (INEGI); 9 do Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía (INL) e 1 do Instituto de Enxeñería de Sistemas e Computadores, Tecnoloxía e Ciencia.

As áreas de traballo dos beneficiarios son moi variadas, destacando especialmente as ciencias da saúde, humanidades, enxeñarías, ciencias económicas e empresariais, ciencias sociais, tecnoloxías da información e comunicación, ciencias ambientais, recursos naturais e o dereito.

O período de intercambio vaise  estender do 1 de febreiro ata o 30 de xuño.

Esta edición representa a sétima convocatoria do programa Iacobus, que ten como obxectivo principal fomentar o intercambio e a cooperación interrexional e promover o desenvolvemento conxunto de proxectos de investigación e innovación entre as entidades españolas e portuguesas que participan no programa.

Programa Iacobus Papers
A segunda edición da convocatoria do programa Iacobus Publicacións Científicas (PAPERS) contou coa presentación dun total de 51 artigos, seleccionándose 48, pertencentes á maior parte delas ás Institucións de Ensino Superior participantes no Iacobus. É de salientar que algunhas das publicacións de artigos científicos e de investigación en revistas indexadas no vixente Journal Citation Report (JCR) de Clarivate Analytics, e no SCOPUS (para as áreas de humanidades), resultaron do traballo desenvolvido polos autores en edicións anteriores do Iacobus-Estadías.

O Iacobus é un programa de grande éxito no universo académico da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, que suma preto de 1.800 candidatos no total das 7 edicións dos intercambios e 2 convocatorias das publicacións científicos. En total, foron seleccionados 963 proxectos de investigación en múltiples áreas do coñecemento e 85 papers. O financiamento total supera os 1,1 millóns de euros, financiado polo Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

Fonte: Xunta de Galicia 

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante