Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

17/11/2019

Creación e redacción de proxectos europeos Erasmus+ Corpo Europeo de Solidariedad

4693F_1574086144_formacao_eurocidade_2019-min.jpg Ver máis...

Sede da Eurocidade, Feces de Abaixo. 16-17 novembro 2019Persoal da Fundación Galicia Europa ( FGE) acolle aos 15 participantes do curso Erasmus+ Corpo Europeo de Solidariedade. que tivo lugar os días 16 e 17 de novembro de 2019 na sede da  Eurocidade  Chaves –  Verin.

O curso foi organizado pola  FGE ao amparo do proxecto  Eurocidade_2020, que se enmarca no programa Interreg V A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP). Trátase dunha actividade que teñe como obxectivo consolidar a  Eurocidade  Chaves-Verín como ferramenta de integración Europea e de desenvolvemento sostible, así como capacitar a mocidade, asociacións, emprendedores, desempregados e empresarios da  Eurocidade para a creación e fomento das súas ideas, proxectos, negocios, cooperación entre empresas e empresarios e satisfacer a demanda da sociedade, da mocidade e de profesionais do mercado. 

Esta formación tivo un gran éxito de afluencia, con todas as prazas cubertas e un gran interese por mozos, asociacións, empresarios e entidades de todo a contorna. 

A lo largo de estos dos días se han presentado las líneas básicas del Cuerpo Europeo de Solidaridad. O curso que foi eminentemente práctico.

Os asistentes traballaron en grupos por temas e preferencias de obxectivos e elaboraron distintos proxectos. Estes presentáronse ante o resto dos seus compañeiros, nun intenso debate e reformulación conceptual, o que nutriu as achegas de cada un deles. Os proxectos deseñados, as actividades e accións formuladas foron tan apropiadas e enriquecedoras que serán trasladadas aos socios de  Eurocidade_2020 e especialmente ao gabinete da sede da  Eurocidade  Chaves –  Verin para a súa idoneidade, estudo e viabilidade futura das actividades da propia  Eurocidade.

O programa Erasmus permite achegar financiamento, experiencias, persoas e unha variedade de impactos sociais, que conforman o crecemento e a educación da comunidade, a súa alfabetización, o cambio de mentalidades, o estímulo dunha apertura ao mundo exterior e a creación dunha visión diferente na mocidade local, facéndoos máis activos, emprendedores e comprometidos a quedar nesta zona e crear o cambio, brindándolles oportunidades para desenvolverse, participar, viaxar e crear o seu futuro sen ter que saír de aquí.

A Fundación Galicia Europa, nesta actividade, contou coa colaboración de todos os socios do proxecto  Eurocidade_2020: AECT  Eurocidade  Chaves- Verin, a  FNAJ –  Federação Nacional de  Associações  Juvenis, a Dirección  Xeral de  Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, o Concello de Verín e o  Município de  Chaves.

Proxecto EUROCIDADE_2020
A Agrupación Europea de Cooperación Territorial  Eurocidade  Chaves-Verín é unha agrupación de municipios transfronteiriza con personalidade xurídica propia en España e Portugal que ten como misión xestionar de forma conxunta competencias locais co obxectivo de promover a converxencia institucional, económica, social, cultural e ambiental de todo o seu territorio de actuación.

O proxecto Eurocidade 2020 é en esencia un proxecto de cooperación transfronteiriza (CT) ao ser liderado e permitir a realización do obxecto social dunha AECT: a Eurocidade Chaves-Verín.
Pretende fomentar o diálogo entre os diferentes axentes do territorio da Eurocidade e consolidar a CT entre eles mediante a promoción da súa participación nas accións do proxecto e preparar a Eurocidade Chaves-Verín para os desafíos post 2020 asegurando a sustentabilidade da AECT que a xestiona.

Persegue dar cumprimento, en proximidade, aos obxectivos da estratexia Europa 2020, potenciando o historial da  CT como elemento xerador do crecemento intelixente, inclusivo e sustentable, a favor da mellora da calidade de vida dos seus cidadáns.

Todas as actuacións da AECT teñen como primeiros beneficiarios os cidadáns polo que o principal resultado esperado do proxecto é a melloría da calidade de vida dos cidadáns do espazo de cooperación (e da súa contorna máis próxima). 

Preténdese alcanzar unha cidadanía máis activa e participativa na construción da Eurocidade e, consecuentemente, na construción da UE, un maior recoñecemento do apoio e importancia da UE no desenvolvemento local.

EUROCIDADE_2020 consolidará a  Eurocidade Chaves-Verín como ferramenta de integración Europea e de desenvolvemento sustentable.

Pode atopar a información sobre a participación da Fundación Galicia Europa no proxecto Eurocidade 2020  aquí.


Imaxes relacionadas


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante