Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

18/07/2019

A Fundación Galicia Europa presenta, o próximo dia 24 de xullo na sede da Eurocidade, o estudo ”EUROCIDADE CHAVES-VERÍN: Situación e perspectivas”

Dossier_Estudio_Eurocidade_Chaves_Verin.jpg
  • A presentación do traballo está programada para o día 24 de xullo ás 11:00 horas, na sede da Eurocidade Chaves-Verín (Feces de Abaixo)
  • O estudo presenta propostas e recomendacións baseadas nos resultados obtidos
Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2019. Realizado no marco do proxecto Eurociudade 2020 (financiado polo programa Interreg VA España-Portugal - POCTEP), o estudo ”EUROCIUDADE CHAVES-VERÍN: SITUACIÓN E PERSPECTIVAS” contrapón a visión da poboación máis xove de Chaves e Verín sobre a Eurociudade, coa visión institucional establecida para o desenvolvemento deste instrumento de cooperación transfronteiriza e de desenvolvemento rexional.

A partir das opinións e reflexións compartidas tanto polos responsables políticos dende a súa creación, como pola mocidade local entre 16 e 30 anos, o traballo analiza os méritos e debilidades da Eurociudade, presentando propostas e recomendacións baseadas nas expectativas de todos os participantes no estudo.

Cabe destacar a visión compartida de que a Eurociudade, polas súas propias características e competencias, ten o potencial de ser unha importante ferramenta para o desenvolvemento local e para crear as condicións necesarias para atraer talento e reter e atraer á poboación máis moza e activa ao territorio. 

O estudio tamén subliña que o principal reto ao que se enfornta actualmente a Eurociudade é establecer unha relación máis estreita cos ciudadás, para que os esforzos centrados na resolución dos obstáculos á cooperación e a eliminación efectiva da fronteira troquen en solucións efectivas aos problemas dos residentes e contribúan dunha maneira máis visible a mellorar a calidade de vida no territorio.

A presentación pública deste traballo está prevista para o próximo 24 de xullo ás 11.00 horas na sede da Eurociudade de Chaves-Verín, e contará coa presenza de Xosé María Lago García (Coordinador rexional POCTEP e Subdirector Xeral de Acción Exterior e de Cooperación Transfronteiriza - Xunta de Galicia), Diego Lorenzo (Teniente de Alcalde do Concello de Verín) e Francisco Melo (Vicepresidente da Cámara Municipal de Chaves).

--

Realizado no âmbito do projeto Eurocidade 2020 (projeto financiado pelo programa Interreg VA Espanha- Portugal – POCTEP), o estudo “EUROCIDADE CHAVES-VERÍN: SITUAÇÃO E PERSPETIVAS” contrapõe a visão da população mais jovem de Chaves e Verin sobre a Eurocidade com a visão institucional estabelecida para o desenvolvimento deste instrumento de cooperação transfronteiriça e de desenvolvimento regional.

Tendo por base as opiniões e reflexões partilhadas quer pelos responsáveis políticos pela condução da Eurocidade desde a sua criação, quer pelos jovens locais com idades entre os 16 e 30 anos, analisa os seus méritos e debilidades apresentando propostas e recomendações baseadas nas expectativas de todos os participantes do estudo.

Destaca-se a visão partilhada que considera que a Eurocidade, pelas suas características e competências próprias, tem potencial para constituir um importante instrumento de desenvolvimento local e de criação das condições necessárias para a atração de talento e a retenção/captação de população jovem e ativa para o território. 

O estudo revela, ainda, que o principal desafio que se coloca atualmente à Eurocidade é estabelecer uma relação mais próxima com os cidadãos de forma a que os esforços que se têm concentrado na resolução de bloqueios à cooperação e na eliminação efetiva da fronteira se convertam em soluções efetivas aos problemas dos residentes e contribuam de uma forma mais visível para a melhoria da qualidade de vida no território.

A apresentação pública deste trabalho está agendada para o próximo dia 24 de julho às, 11.00 horas, na sede da Eurocidade Chaves-Verin e contará com a presença de Xosé Maria Lago García (Coordenador regional POCTEP e Subdirector Xeral de Acción Exterior e de Cooperación Transfronteiriza – Xunta de Galicia); Diego Lorenzo (Teniente de Alcalde del Ayuntamiento de Verín) y Francisco Melo (Vice-presidente da Câmara Municipal de Chaves).

Proxecto Eurocidade_2020

O proxecto Eurocidade_2020 aprobado ao abeiro do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP) ten como obxectivo consolidar a Eurocidade Chaves-Verín como ferramenta de integración europea e de desenvolvemento sostible. Conta cun orzamento de 1.775.405,15 euros cunha cofinanciación dun 75% de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto Eurocidade_2020: AECT Eurocidade Chaves-Verín; Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; Fundación Galicia Europa; Instituto Portugués do Deporte e da Xuventude (IPDJ); Federación Nacional de Asociacións Xuvenís Portuguesas (FNAJ); Concello de Verín e Municipio de Chaves.

Para obter máis información sobre o proxecto consulte aquí.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante