Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

16/07/2019

O local de ensaio da Eurocidade Chaves-Verín acollerá ”Un día ao redor da música”

CARTEL_UN_DIA_AO_REDOR_DA_MUSICA.jpg Santiago, 16 de xullo de 2019. A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia organiza, o próximo sábado 20 de xullo, ”Un día ao redor da música”. A xornada comezará ás 16:00 horas e prolongarase ata as 19:00. 
O programa inclúe:
  • Actuacións musicais
    • Neiz
    • Laura Gándara
    • Maricia David
    • Manuel Mateus
    • Quintas
  • Mesa Redonda: Factor Pitching. Un encontro cos profesionais
    • Xosé M. Rodríguez. La Voz de Galicia.
    • Javi Rey. La Región.
    • Marta Gómez. TVG Zig Zag.
    • Nonito Pereira. Mondosonoro.
    • Salva Ronco. Maketon Radio Vigo.
Proxecto Eurocidade_2020

O proxecto Eurocidade_2020 aprobado ao abeiro do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP) ten como obxectivo consolidar a Eurocidade Chaves-Verín como ferramenta de integración europea e de desenvolvemento sostible. Conta cun orzamento de 1.775.405,15 euros cunha cofinanciación dun 75% de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto Eurocidade_2020: AECT Eurocidade Chaves-Verín; Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; Fundación Galicia Europa; Instituto Portugués do Deporte e da Xuventude (IPDJ); Federación Nacional de Asociacións Xuvenís Portuguesas (FNAJ); Concello de Verín e Municipio de Chaves.

Para obter máis información sobre o proxecto consulte aquí.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante