Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

10/07/2019

Jornadas de Xuventude Eurocidade 2020 Chaves-Verín

4579F_1562759214_banner_jornadas.jpg
  • As xornadas terán lugar os días 26 e 27 de xullo en Chaves.
  • Participarán entre 50 e 70 representantes de asociacións xuvenís de Galicia e do Norte de Portugal.
  • As inscricións son gratuítas pero limitadas.
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2019. No ámbito do proxecto Eurocidade 2020 Chaves-Verín, no cual a FNAJ - Federación Nacional de Asociacións Xuvenís é socia, vanse realizar nos días 26 e 27 de xullo de 2019 as Xornadas da Xuventude Eurocidade Chaves-Verín, que terán lugar na cidade de Chaves e que contan co apoio do Programa Interreg Portugal – España 2014-2020 e da Câmara Municipal de Chaves.

Estas Xornadas pretenden reunir cerca de 50-70 mozos de asociacións xuvenís do Norte de Portugal e de Galicia, e terán como eixo central a discusión sobre a participación da xuventude no desenvolvemento das Eurorrexións, ben co emprendemento e o emprego xuvenil, analizando as áreas estratéxicas de intervención das asociacións xuvenís e dos mozos no marco europeo e no espazo da Eurocidade Chaves-Verín.

Todas as asociacións que se inscriban nestes parámetros están invitadas a inscribir ata a dous representantes nestas Xornadas, a través da  Ficha de Inscrición Online, ata o próximo día 17 de xullo de 2019. A inscrición é gratuita pero limitadas e inclúen: comidas, aloxamento e certificado de asistencia.

--

No âmbito do projeto Eurocidade 2020 Chaves-Vérin, no qual a FNAJ - Federação Nacional das Associações Juvenis é parceira, vamos realizar a 26 e 27 de julho de 2019 as Jornadas de Juventude Eurocidade Chaves-Vérin, que terão lugar na cidade de Chaves e que contam com o apoio do programa Interreg Portugal – Espanha 2014-2020 e da Câmara Municipal de Chaves.

Estas Jornadas pretendem reunir cerca de 50 a 70 jovens de associações juvenis e outros, do norte de Portugal e da Galiza, e terão como foco a discussão da participação dos/as jovens no desenvolvimento das Euroregiões, bem como o empreendedorismo e emprego jovem, analisando áreas estratégicas de intervenção das associações juvenis e dos/as jovens no quadro europeu e no espaço da Eurocidade Chaves-Vérin.

Assim, convidamos a vossa associação a inscrever até dois representantes nestas Jornadas, através da Ficha de Inscrição Online, até ao próximo dia  17 de julho de 2019. As inscrições são gratuitas mas limitadas e incluem: refeições, alojamento e certificado de participação.

Proxecto Eurocidade_2020

O proxecto Eurocidade_2020 aprobado ao abeiro do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP) ten como obxectivo consolidar a Eurocidade Chaves-Verín como ferramenta de integración europea e de desenvolvemento sostible. Conta cun orzamento de 1.775.405,15 euros cunha cofinanciación dun 75% de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto Eurocidade_2020: AECT Eurocidade Chaves-Verín; Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; Fundación Galicia Europa; Instituto Portugués do Deporte e da Xuventude (IPDJ); Federación Nacional de Asociacións Xuvenís Portuguesas (FNAJ); Concello de Verín e Municipio de Chaves.

Para obter máis información sobre o proxecto consulte aquí.

Documentos para descarga



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante