Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

02/07/2019

A Federación Nacional de Asociacións Xuvenís de Portugal organiza a acción de formación “Emprendemento en áreas rurais”

Cartel do evento \".jpg Ver máis...
  • O evento vaise celebrar na cidade portuguesa de Chaves o vindeiro 13 de xullo.
  • Esta acción formativa vai dirixida a líderes e membros de asociacións, mozos desempregados e voluntarios.
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2019. A Federación Nacional de Asociacións Xuvenís de Portugal (FNAJ) realizará o día 13 de xullo, na cidade de Chaves, Distrito de Vila Real, a acción de formación “Emprendemento en áreas rurais”. A iniciativa está destinada a líderes e membros de asociacións, mozos desempregados e voluntarios. Esta acción de formación forma parte do proxecto Eurocidade Chaves-Verín, financiado polo Programa Interreg V-A España-Portugal. 

Os obxectivos xerais desta acción formativa son fundamentalmente dous: Por unha banda, analizar os conceptos de emprendemento social e as formas de poñelo en práctica a través de metolodoxías de educación non formal; e pola outra, formalizar propostas de como cada persoa se pode transformar nun axente para o cambio. 

Os contidos recollidos no programa oficial do evento formativo da FNAJ son os seguintes:
  • Como ser un axente de cambio en áreas rurais;
  • Manual para transformar o mundo;
  • Ideas prácticas para negocios en áreas rurais;
  • Oportunidades de negocio no mundo rural.
Desde a Fundación Galicia Europea recomendamos esta oportunidade de obter novos coñecementos, invitando a todas as interesadas e interesados a formalizar a súa inscrición a través desta ligazón.

Proxecto Eurocidade_2020
O proxecto Eurocidade_2020 aprobado ao abeiro do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP) ten como obxectivo consolidar a Eurocidade Chaves-Verín como ferramenta de integración europea e de desenvolvemento sostible. Conta cun orzamento de 1.775.405,15 euros cunha cofinanciación dun 75% de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto Eurocidade_2020: AECT Eurocidade Chaves-Verín; Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; Fundación Galicia Europa; Instituto Portugués do Deporte e da Xuventude (IPDJ); Federación Nacional de Asociacións Xuvenís Portuguesas (FNAJ); Concello de Verín e Municipio de Chaves.

Para obter máis información sobre o proxecto consulte aquí.

Imaxes relacionadas


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante