Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

21/05/2019

A Universida de Porto presenta un estudo sobre xuventude nos ´Encontros de Fronteira I´en Chaves

O IPDJ presenta un estudo sobre xuventude nos ´Encontros de Fronteira I´en Chaves.png
  • O Centro de Investigación e Intervención Educativa da Facultade de Psicoloxía e Ciencias da Educación da U. Porto, presentará o próximo 6 de xuño en Chaves os resultados dun estudo sociolóxico sobre os hábitos da xuventude portuguesa na fronteira. 
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2019. Os Encontros de Fronteira constitúen un dos momentos para analizar os resultados da investigación sobre mozos que medran nas rexións de fronteira con Portugal. Son unha oportunidade de diálogo entre o equipo de investigación, as persoas e organizacións que teñen contribuído para o desenvolvemento dos proxectos no terreo - como escolas e municipios - e esténdese a todas as persoas interesadas en comprender un pouco máis as experiencias e os percorridos sociais e educativos xuvenís.

Como toman os/as mozos/as as decisións sobre saír ou permanecer nas súas rexións? Que aspiracións teñen os rapaces e rapazas sobre o seu futuro? Que factores promoven sentimentos de pertenza ás súas rexións? Como están as escolas, os municipios e a comunidade en xeral a contribuír para desenvolver políticas xuvenís e educativas que respondan a prioridades globais e rexionais que afectan as xuventudes? Existen nas rexións da fronteira exemplos de resiliencia que poden ser inspiradores para axendas e políticas que integren a visións e participación dos mozos?

Estas son algunhas das cuestións que a Universidade de Porto está procurando responder. Durante un ano estivo traballando en 38 rexións de fronteira, do Miño ao Algarve. Máis de 4.000 mozos responderon a un cuestionario; entrevistáronse a 70 directores/as de agrupacións e responsables en concellos da definición de políticas de xuventude. Os resultados froito do tratamento, análise e interpretación de datos da Rexión Norte presentaranse o próximo día 6 de xuño no Auditorio do Museo de Arte Contemporánea Nadir Afonso, en Chaves, a partir das 10:00 horas (hora portuguesa).

Documentos para descarga



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante