Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

29/11/2018

Dúas novas actividades do proxecto Eurocidade_2020: Xornadas formativas no eido do tempo libre e Encontro da xuventude emprendedora

4454F_1543487532_4871505d2866962ff41c2e5c22af588d_L.jpg
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social convoca dúas novas actividades no marco do proxecto Eurocidade_2020

Xornadas formativas no eido do tempo libre

Obxectivos:
- Apoiar e complementar o itinerario formativo dos mozos e mozas no eido do tempo libre
- Achegar recursos para a inclusión nas actividades no eido do tempo libre
Destinatarios/as: mozos e mozas  galegos e portugueses con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, ambas inclusive.
Prazas: 40
Datas: 14 e 15 de decembro de 2018.
Lugar de realización: 
Eurocidade Chaves-Verín
Avda. Portugal, Feces de Abaixo
32699 Verín – Ourense
Inscrición: mediante formulario electrónico
Prazo de inscrición: do 27 de novembro ao 9 de decembro de 2018.

Máis información sobre o programa.

Encontro da xuventude emprendedora

Obxectivos:
- Apoiar aos mozos e mozas na súa orientación profesional e inserción laboral
- Aportar ferramentas para o itinerario persoal e profesional dos mozos e mozas
- Impulsar á Eurocidade como territorio de crecemento futuro
Destinatarios/as: mozos e mozas  galegos e portugueses con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, ambas inclusive.
Prazas: 50 (30 para mozos/as galegos/as e 20 para mozos/as portugueses).
Datas: 14 a 16 de decembro de 2018.
Lugar de realización: 
Eurocidade Chaves-Verín
Avda. Portugal, Feces de Abaixo
32699 Verín – Ourense
Prazo de inscrición: do 27 de novembro ao 9 de decembro de 2018.



Proxecto Eurocidade_2020

O proxecto Eurocidade_2020 aprobado ao abeiro do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP) ten como obxectivo consolidar a Eurocidade Chaves-Verín como ferramenta de integración Europea e de desenvolvemento sostible. Conta cun orzamento de 1.775.405,15 euros cunha cofinanciación dun 75% de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto Eurocidade_2020: AECT Eurocidade Chaves-Verín; Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; Fundación Galicia Europa; Instituto Portugués do Deporte e da Xuventude (IPDJ); Federación Nacional de Asociacións Xevenís Portuguesas (FNAJ); Concello de Verín e Municipio de Chaves.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante