Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

26/11/2018

Convócase un curso de monitor de tempo libre no marco do proxecto Eurocidade_2020

4451F_1543241601_image003__1_.png Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2018. O Instituto Portugués do Deporte e a Mocidade (IPDJ) de O Porto convoca no marco do proxecto Eurocidade_2020, aprobado ao abeiro do programa INTERREG V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP), un curso de Monitor de Actividades de Tempo Libre. A formación terá unha duración de 54 horas e se levará a cabo os días 4, 15 e 16 de decembro e 21, 22 e 23 de decembro.

O curso está destinado a mozos e mozas galegos/as e portugueses/as de entre 18 e 30 anos que traballen no ámbito da xuventude.

As inscricións son limitadas e haberá un máximo de 20 participantes.

Máis información:

Facebook Eurocidade 2020

Inscricións

Proxecto Eurocidade_2020

O proxecto Eurocidade_2020 aprobado ao abeiro do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP) ten como obxectivo consolidar a Eurocidade Chaves-Verín como ferramenta de integración Europea e de desenvolvemento sostible. Conta cun orzamento de 1.775.405,15 euros cunha cofinanciación dun 75% de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto Eurocidade_2020: AECT Eurocidade Chaves-Verín; Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; Fundación Galicia Europa; Instituto Portugués do Deporte e da Xuventude (IPDJ); Federación Nacional de Asociacións Xevenís Portuguesas (FNAJ); Concello de Verín e Municipio de Chaves.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante