Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

02/10/2018

Arranca a segunda edición do curso “Impulsores de oportunidades” organizado pola Fundación Galicia Europa

Arranca a segunda edición do curso ¿Impulsores de oportunidades¿ organizado pola Fundación Galicia Europa .jpg
  • A formación, que se enmarca no proxecto Eurocidade 2020 e na participan 20 mozos de Galicia e do norte de Portugal, prolongarase ata o 5 de outubro
  • Os participantes adquirirán coñecementos sobre a Eurocidade Chaves-Verín e sobre turismo e termalismo
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2018. A segunda edición do curso “Impulsores de oportunidades: traballo, turismo e termalismo”, que organiza a Fundación Galicia Europa no marco do proxecto europeo Eurocidade_2020,  arrancou hoxe cun acto inaugural celebrado na sede  no Gabinete da Eurocidade Chaves-Verín. Nesta cerimonia, xunto aos 20 alumnos, participaron o tenente alcalde de Verín, Diego Lourenzo, a técnica do Instituto  Português da Juventude e do Desporto (IPDJ), Ángela Pereira, e a coordinadora da Oficina de Información Europea para Mozos de la Fundación Galicia Europa, Pilar del Oro.

Tras o acto inaugural, os participantes comezaron xa coa formación centrándose neste primeiro día nos programas europeos aplicables ao desenvolvemento turístico e ao patrimonio cultural e nunha introdución histórica ao contexto da eurozona, con foco nas peculiaridades históricas e tradicionais na Eurocidade Chaves Verín. Para rematar esta primeira xornada, os participantes traballarán en técnicas de comunicación e a súa aplicacións aos recursos turísticos.

Nos vindeiros días, ata o venres 5 de outubro que concluirá o programa formativo, os participantes terán a oportunidade de visitar diferentes proxectos dentro da Eurocidade Chaves-Verín como son instalacións de balneario, eco-vías en bicicleta ou un percorrido turístico a pé por o municipio de Chaves. 

En definitiva, o curso buscará, dende un enfoque principalmente práctico, a aplicación de novas técnicas de comunicación así como dar a coñecer as novas tendencias no mundo do turismo. Así, as últimas tendencias, as dificultades para impulsar novas oportunidades ou a adaptación a novos mercados serán as premisas básicas que adquirirán os participantes, ao igual que as posibilidades de financiamento que a UE proporciona. 

Eurocidade_2020

O curso de Impulsores de oportunidades é unha actividade do proxecto europeo  Eurocidade_2020, que se enmarca no programa Interreg V A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP). O proxecto ten como obxectivo consolidar a  Eurociudad  Chaves-Verín como ferramenta de integración Europea e de desenvolvemento sustentable. O curso forma parte a actividade “ Eurociudad Intelixente: innovación, emprendemento e internacionalización como alicerces da xeración de emprego e riqueza”, coa finalidade de capacitar aos emprendedores, desempregados e empresarios da  Eurociudad para a creación dos seus negocios, a cooperación entre empresas e empresarios e satisfacer a demanda de profesionais do mercado. Ao longo do proxecto realizaranse dous cursos. 

Nesta actividade, a Fundación Galicia Europa, contará coa colaboración da AECT  Eurociudad Chaves-Verín, sendo os outros socios do proxecto a Federação Nacional de Associações Juvenis (FJNAJ), a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia,  o Instituto  Português da Juventude e do Desporto (IPDJ), o Concello de Verín e o Municipio de Chaves.

A primeira edición deste curso celebrouse entre o 28 de novembro  e o 2 de decembro de 2017 tamén no no Gabinete da Eurocidade Chaves-Verín sito en Feces  de Abaixo. 


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante