Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

26/09/2018

Campo de traballo transfronteirizo Eurocidade 2020: programa de emprendemento e talento

4390F_1537963322_595a7e4f5b4563e86f36dda2ca4c0529_L.jpg Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2018. A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social, convoca un campo de traballo transfronteirizo no marco do proxecto europeo Eurocidade_2020 aprobado ao abeiro do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP).

Finalidade: promover e estimular o espírito emprendedor da mocidade galega e portuguesa a través de novos métodos formativos de autoestima baseados en “aprender facendo”.

Destinatarios/as: mozos e mozas galegos/as e portugueses/as con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos, ambas inclusive.
 
Cobertura:
- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.
- Transporte no ámbito da actividade.
- Equipos técnicos.
- Acompañamento por equipo técnico.

O mozo ou moza non fará ningún tipo de achega económica ao programa, só o que se refire ao desprazamento ocasionado desde o seu domicilio ata a zona transfronteiriza Chaves-Verín.
 
Número de prazas: 10

Datas de realización: do 15 ao 21 de outubro de 2018.
Entrada: 15 de outubro a partir das 12:00 horas
Saída: día 21 de outubro antes das 14:00 horas
 
Localización:
Eurocidade Chaves-Verín
Antiga aduana
Avda. Portugal, s/n Feces de Abaixo
32699 Verín – Ourense 

Selección: por estrita orde de reserva de praza.
Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza.
Recibido o correo electrónico de selección, deberá remitir a ese mesmo correo unha copia do Documento Nacional de Identidade.
 
Prazo de inscrición: do día 25 de setembro ao 10 de outubro do 2018 ás 14 horas, ambos inclusive.

Formulario de inscrición.

Documentos para descarga



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante