Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

07/06/2018

Aberta a inscrición para a iniciativa formativa “Comunicación e turismo no rural” da Eurocidade_2020

4315F_1528369968_Eurocidade.jpg
Bruxelas, 7 de xuño de 2018. A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social convoca a actividade formativa “Comunicación e Turismo” no marco do proxecto Eurocidade_2020.

Esta actividade está destinada a mozos e mozas  galegos e portugueses con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, ambas inclusive.

Os obxectivos específicos desta actividade son:
- Facilitar aos mozos/as participantes a súa orientación profesional e inserción laboral, ofrecéndolle apoio para a creación da súa propia empresa, para materializar un proxecto de emprego/empresa nos territorios de actuación, beneficiándose dos privilexios das zonas rurais.
- Apoiar aos mozos e mozas a coñecer e valorar o territorio, para reforzar as súas señas de identidade e despertar o seu interese por asentarse profesionalmente no mesmo e contribuír ao seu desenvolvemento.
- Impulsar a promoción de territorios rurais.
-Promover e estimular o turismo na Eurorexión

Prazas: 25 prazas
Datas: 20 e 21 de xuño de 2018
Lugar de realización: Eurocidade Chaves-Verín. Avda. Portugal, Feces de Abaixo. 32699 Verín – Ourense

A inscrición será mediante formulario electrónico. Pode acceder ao formulario electrónico AQUÍ.
Prazo de inscrición: do 7 ata o 14 de xuño de 2018.

A actividade inclúe o aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple. Os mozos e mozas do concello de Verín e Chaves terán cuberta a manutención pero non o aloxamento.  Será por conta da persoa participante o traslado ata as dependencias da Eurocidade Chaves-Verín.


Programa provisional

20 de xuño de 2018: Comunicación e Turismo
11: 45 h Chegada das persoas participantes.
12:00 h Recomendacións de comunicación para as iniciativas no rural:
Comunicación en situacións de crise e estrategias para a mellor da imaxe na rede. Casos prácticos.
Empresas que comunican directamente para vender os seus produtos e atraer visitantes: recomendacións e casos prácticos.
Ponente: David González, xornalista e codirector de Campo Galego.
13:00 h Obradoiro “Casos prácticos”.
14:00 h Xantar
17:00 – 21:00 h: visitas a iniciativas emprendedoras da zona.
22:00 h: cea.

21 de xuño de 2018. Modelos de atractivos turísticos no rural
10:00 h Experiencias emprendedoras de turismo vitícola no rural: recomendacións e casos prácticos.
Ponente: Laura Rodríguez, xornalista de Campo Galego.
12:00 h Pausa café.
12:30 h Obradoiro “Do emprendemento no rural ao turismo: oportunidades e aspectos clave a ter en conta”.
13:30 h Conclusións.
14:00 h Xantar.
16:00 h Visita á ADEGA “Couto Mixto”- Mandín (Oimbra).
19:00 h Visita á Adega “Crego e Monaguillo”
22:00 h: Cea


Proxecto Eurocidade_2020

O proxecto Eurocidade_2020 aprobado ao abeiro do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP) ten como obxectivo consolidar a Eurocidade Chaves-Verín como ferramenta de integración Europea e de desenvolvemento sostible.

Os ocios do proxecto Eurocidade_2020 son: aAECT Eurocidade Chaves-Verín; a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; a Fundación Galicia Europa; Instituto Portugués do Desporto e da Juventud (IPDJ); Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesa (FNAJ); Concello de Verín e Municipio de Chaves.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante